Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 17 de decembro de 2021 Páx. 61885

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala de arquitectos.

A disposición adicional do Decreto 160/2018, do 13 de decembro (DOG núm. 239, do 17 de decembro), Decreto 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril), Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro) e Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2018-2019-2020-2021, establece que poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas correspondentes á oferta de emprego público de anos anteriores, cuxo proceso selectivo non se convocou.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes, enxeñaría industrial; da escala de ciencias a especialidade de química, e a escala de arquitectos.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir as prazas, do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes, enxeñaría industrial, enxeñaría de minas; da escala de ciencias a especialidade de química, e a escala de arquitectos, que se indican no anexo I desta resolución.

Das seguintes ofertas de emprego público:

Proceso selectivo

Oferta emprego público

2018

2019

2020

2021

Enxeñaría agronómica

10

15

16

Enxeñaría de montes

10

10

Enxeñaría industrial

7

Escala de ciencias a especialidade de química

4

Arquitectos

5

3

8

1

Resérvanse para seren cubertas pola quenda de promoción interna as prazas que se indican no anexo I desta resolución.

As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

I.1.1. De conformidade co disposto na normativa arriba sinalada, do total de prazas convocadas reservaranse para ser cubertas por persoas con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33 % as prazas que se indican no anexo I desta resolución.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás de acceso xeral.

Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso elaborarase unha relación única en que se incluirán todas as persoas aspirantes que o superen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola que participen.

I.1.2. As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.1, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non indicalo, entenderase que non optan por esta reserva.

I.1.3. De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.1.4. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; a Lei 2/2015 do 29 de abril, de emprego público de Galicia; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

1.2.1. Promoción interna.

I.2.1.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial que se indica no anexo II desta resolución.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira nalgún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo A2 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grado medio).

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario de carreira nalgún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo A2 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo de grao medio de carácter facultativo).

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da LEPG), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da LEPG) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desenvolvemento das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.1.7. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e mantela ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.2.1.8. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade ou escala obxecto desta convocatoria a que opta.

I.2.2. Acceso libre.

I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial que se indica no anexo II desta resolución.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade, terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e mantela ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

I.2.2.7. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade ou escala obxecto desta convocatoria a que opta.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado no portal web corporativo da Dirección Xeral de Función Publica da Xunta de Galicia e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente á Dirección Xeral da Función Pública.

O modelo de solicitude estará ao dispor de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», debendo o solicitante de dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave365.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame», se o texto do exercicio deberá de se entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción.

As persoas aspirantes que sexan membros de familias numerosas deberán indicalo na súa solicitude, na epígrafe «Outros datos»–«Familia numerosa».

As persoas aspirantes deberán indicar se figuran como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo, na epígrafe «Outros datos»–«Demandante de emprego».

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente na solicitude especificando o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente, na epígrafe «Outros datos»–«Discapacitado»–«Porcentaxe».

As persoas aspirantes vítimas de terrorismo deberán indicalo expresamente na solicitude na epígrafe «Outros datos»–«Vítima terrorismo». As persoas solicitantes que aleguen esta circunstancia en calquera caso deberán de remitir á Dirección Xeral da Función Pública a acreditación desta, mediante o envío electrónico da resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

Poderán solicitarse as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, na epígrafe «Outros datos»–«Tipo de adaptación».

Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se produza o feito causante e en calquera caso nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

Os datos incluídos nas solicitudes das persoas aspirantes serán consultados pola Administración pública.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente na epígrafe «Autorizacións», e deberán achegar os documentos xustificativos da exención que se indican no punto seguinte antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. A persoa solicitante, para a remisión electrónica, empregará o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non teñan un sistema electrónico específico, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal. Ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co disposto no parágrafo anterior, a persoa solicitante deberá achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia auténtica, dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

– Persoas con discapacidade: tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido pola consellería competente na materia ou o órgano análogo de outra comunidade autónoma.

– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

– Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

• Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste punto, as persoas que sufran danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o seu cónxuxe ou persoa que conviva con análoga relación de afectividade, e os fillos das persoas feridas e falecidas.

• Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

• Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Unha vez feito o pago presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente a través da pestana «Retomar solicitude». Premerase na opción «Validar/Retomar o pago». Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente.

Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

• Pagamento electrónico-sen certificado dixital: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

• Pagamento electrónico-con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso, será necesaria a presentación dun escrito solicitando a devolución e no que faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira e a súa localidade ou ben presenten un certificado expedido pola entidade financeira no que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública. A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra de prazo supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe abonado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo III a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo III e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento oitenta (180) preguntas tipo test, relacionado co anexo III do programa.

O exercicio dividirase en dúas partes:

A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cento corenta (140) preguntas, das cales corenta (40) preguntas se corresponden coa parte común do programa e cen (100) preguntas coa parte específica.

O exercicio disporá de oito (8) preguntas de reserva, das cales seis (6) serán da parte especifica do programa.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas de contido teórico sobre a parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás preguntas de contido teórico sobre a parte específica e as correspondentes preguntas de reserva.

A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de contido práctico de corenta (40) preguntas da parte específica do programa, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

O exercicio disporá de catro (4) preguntas de reserva.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.

As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida no parágrafos anteriores.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.

As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

No acceso libre, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) ao número de prazas convocado nesta quenda.

No acceso pola quenda de promoción interna superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 % en cada unha das partes das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

O exercicio será coincidente co primeiro exercicio do proceso selectivo de estabilización, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, na mesma especialidade, escala ou grupo, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021.

II.1.1.2. Segundo exercicio.

Consistirá no desenvolvemento por escrito de dous (2) temas, a elixir entre cinco (5) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran na parte específica do programa.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento corenta (140) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte (20) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio.

Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, que posuían o día da publicación desta convocatoria no DOG o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes en que figurarán aquelas que, por ter acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comence pola letra Y, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 18 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro).

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección de respostas, publicarao no DOG.

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.2. Fase de concurso.

A fase de concurso consistirá na valoración ás persoas aspirantes que superaron a fase de oposición dos seguintes méritos:

II.2.1. Promoción interna:

II.2.1.1. Antigüidade.

Os servizos serán valorados por meses de 30 días a razón de 0,10 puntos/mes. Para estes efectos, calcularase o número total de días correspondentes aos períodos computables, dividirase o resultado entre trinta (30) e multiplicarase o cociente, desprezando os decimais, por 0,10.

Para estes efectos, computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración pública.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 12 puntos.

II.2.1.2. Formación.

Valoraranse os cursos de formación organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Academia Galega de Seguridade Pública, o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), e as escolas oficiais de formación similares do Estado e das restantes comunidades autónomas, e os cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap) e os cursos impartidos polas organizacións sindicais sempre que estean homologados pola Escola Galega de Administración Pública.

Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 puntos por curso.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

Para os efectos de puntuación desta epígrafe estimaranse como valorables as probas superadas de avaliación dos programas de autoformación organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

A puntuación máxima desta epígrafe é de 4 puntos.

II.2.1.3. Grao de coñecemento do idioma galego:

– Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 2,25 puntos.

– Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos.

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento do idioma galego, só se computará a puntuación correspondente ao superior.

II.2.1.4. Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores, ata o máximo de 1 punto:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento (artigos 121 e 122 LEPG): 0,2 puntos/permiso.

– Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción dun fillo (artigo 124 da LEPG): 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada do artigo 106.2.a) e b) da LEPG: 0,04 puntos.

– Excedencia para o coidado de familiares: 0,04 puntos/mes completo.

Os meses serán computados por días naturais (30 días).

II.2.2. Acceso libre.

II.2.2.1. Experiencia profesional.

Experiencia profesional, entendida como os servizos efectivamente prestados en calquera Administración pública, como empregado público na mesma escala, especialidade ou categoría a que opte, sempre que se inclúa dentro do mesmo grupo de titulación.

Para estes efectos consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos/as e familiares (artigos 168 e 176 da LEPG), a excedencia por razón de violencia de xénero de conformidade co establecido no artigo 177 da LEPG e a excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

Calcularase o número total de días correspondentes aos distintos nomeamentos computables e dividirase o resultado entre trinta (30). O cociente enteiro, desprezando os decimais, multiplicarase por 0,20 puntos.

Computarase a prestación de servizos en réxime de interino (artigo 25.4 da LEPG) e en réxime de persoal laboral temporal (artigo 27.4 da LEPG) e do persoal laboral indefinido non fixo.

Os servizos efectivos prestados en xornadas inferiores á completa valoraranse proporcionalmente.

II.2.2.2. Experiencia profesional.

Experiencia profesional entendida como os servizos efectivamente prestados como empregado público en distinto corpo, grupo, escala ou categoría a que opta a persoa aspirante, en calquera Administración pública. Non se computarán os mesmos períodos xa valorados nos puntos anteriores.

Para estes efectos consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos/as e familiares (artigos 168 e 176 da LEPG), a excedencia por razón de violencia de xénero de conformidade co establecido no artigo 177 da LEPG e a excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

Calcularase o número total de días correspondentes aos distintos nomeamentos computables e dividirase o resultado entre trinta (30). O cociente enteiro, desprezando os decimais, multiplicarase por 0,08 puntos.

Computarase a prestación de servizos en réxime de interino (artigo 25.4 da LEPG) e en réxime de persoal laboral temporal (artigo 27.4 da LEPG) e do persoal laboral indefinido non fixo.

Os servizos efectivos prestados en xornadas inferiores á completa valoraranse proporcionalmente.

A puntuación máxima das epígrafes de experiencia profesional II.2.2.1 a II.2.2.2 é de 15 puntos.

II.2.2.3. Formación.

Valoraranse os cursos de formación organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a Academia Galega de Seguridade Pública, o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e as escolas oficiais de formación similares do Estado e das restantes comunidades autónomas, e os cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Afedap) e os cursos impartidos polas organizacións sindicais sempre que estean homologados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas, valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 puntos por curso.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

Para os efectos de puntuación deste punto, consideraranse como valorables as probas superadas de avaliación dos programas de autoformación organizadas pola EGAP, ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

A puntuación máxima deste epígrafe é de 5 puntos.

II.2.3. Os méritos enumerados na base II.2 deberán referirse á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación e deberán acreditarse de conformidade co procedemento que estableza a Dirección Xeral da Función Pública e que será publicado no DOG.

Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no dito procedemento.

II.2.4. Rematada a fase de oposición, desde a publicación polo tribunal das notas do último exercicio, as persoas aspirantes deberán proceder de conformidade co sinalado no procedemento a que se refire o punto anterior para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que irá dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

II.2.5. O tribunal procederá á baremación da fase de concurso, coa colaboración técnica que precise do persoal da Dirección Xeral da Función Pública, e publicaraa no DOG, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante. Contra a baremación, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.

Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal procederá á publicación no DOG da baremación definitiva da fase de concurso.

II.3. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuación obtidas nas fases de oposición e concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

III. Tribunal.

III.1. Os tribunais cualificadores dos distintos procesos previstos nesta resolución serán nomeados por resolución da consellería competente en materia de función pública e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP e artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e o Decreto 95/91, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte ao establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal que substituirán as que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza, en todo caso, das persoas que ocupen a Presidencia e a Secretaría, ou de quen as substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a Secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a Presidencia, ou quen as substitúa.

III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala a que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros se poidan desprazar ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.3.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición e na fase de concurso.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios da fase de oposición pola súa orde de realización.

– Puntuación outorgada polos méritos alegados na fase de concurso seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes da base II.2.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:

a) Copia auténtica do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

c) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

d) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

Poderán autorizar á Administración a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorran por falsidade na solicitude inicial.

IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos esixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna terán preferencia na elección sobre aquelas que accedan pola quenda de acceso libre.

IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Prazas convocadas

Proceso selectivo

Acceso

libre

Quenda de discapacidade

Promoción interna

Total

Especialidade de enxeñaría agronómica

31

5

6

41

Especialidade de enxeñaría de montes

17

1

2

20

Especialidade de enxeñaría industrial

7

7

Escala de ciencias a especialidade de química

3

1

4

Escala de arquitectos

12

1

4

17

ANEXO II

Titulacións

Proceso selectivo

Titulación

Especialidade de enxeñaría agronómica

Enxeñeiro agrónomo ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro agrónomo

Especialidade de enxeñaría de montes

Enxeñeiro de montes ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de montes

Especialidade de enxeñaría industrial

Enxeñeiro industrial ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro industrial

Escala de ciencias, especialidade de química

Licenciado ou graduado nunha titulación da rama de ciencias

Arquitectos

Arquitecto, graduado ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto

ANEXO III

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes, enxeñaría industrial; da escala de ciencias a especialidade de química, e a escala de arquitectos

A) Programa da parte común ás especialidade e escalas:

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV capítulo I e capítulo IV e o título V.

4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I capítulo I.

5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar capítulos III e IV.

6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.

7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI capítulos III e IV e título VIII.

8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I.

E o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.

11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

12. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I e II.

B) Programa da parte específica de cada especialidade ou escala:

– Programa específico da escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría agronómica:

1. Regulamento (UE) nº 1308/2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios.

2. Real decreto 95/2019 polo que se establecen as condicións de contratación no sector lácteo e se regula o recoñecemento das organizacións de produtores e das organizacións interprofesionais no sector.

3. Real decreto 1338/2018 polo que se regula o potencial de produción vitícola: completo, agás os anexos.

4. Real decreto 532/2017 polo que se regulan o recoñecemento e o funcionamento das organizacións de produtores do sector das froitas e hortalizas.

5. Lei 12/2013, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Lei 2/2000, reguladora dos contratos tipo de produtos agroalimentarios.

6. Decreto 125/2014 polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

7. Lei 38/1994, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.

8. Real decreto 1776/1981 polo que se aproba o Estatuto que regula as sociedades agrarias de transformación. Orde autonómica do 29 de abril de 1988 sobre tramitación de sociedades agrarias de transformación.

9. Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia: título I (capítulo I, capítulo II, capítulo III e capítulo IV (sección 1ª) e título III (capítulo I (sección 1ª, sección 3ª e sección 4ª).

10. Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

11. Real decreto 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: só os artigos básicos consonte a disposición derradeira primeira.

12. Real decreto 105/2008 polo que se regula a produción e xestión de refugallos de construción e demolición.

13. Real decreto 1627/1997 polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

14. Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia: título I (capítulo III (sección 2ª e sección 4ª).

15. Real decreto 1492/2011 polo que se aproba o Regulamento de valoracións da lei do solo: capítulo I, capítulo II e capítulo III.

16. Lei de 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa: título I, título II, título IV e título V.

17. Real decreto 9/2015 polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene na produción primaria agrícola.

18. Lei 28/2015, para a defensa da calidade alimentaria.

19. Lei 2/2005, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.

20. Lei 24/2003, da viña e do viño.

21. Regulamento (UE) 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

22. Regulamento (UE) 2017/625 relativo aos controis e outras actividades oficiais realizados para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos, e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios: título I e título II (capítulo I, capítulo II e capítulo III).

23. Regulamento (UE) 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.

24. Regulamento delegado (UE) 664/2014 polo que se completa o Regulamento (UE) 1151/2012 no que se refire ao establecemento dos símbolos da Unión para as denominacións de orixe protexidas, as indicacións xeográficas protexidas e as especialidades tradicionais garantidas e no que atinxe a determinadas normas sobre a procedencia, certas normas de procedemento e determinadas disposicións transitorias adicionais. Regulamento de execución (UE) 668/2014 que establece as normas de desenvolvemento do Regulamento (UE) 1151/2012 sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios: completo, agás os anexos.

25. Regulamento delegado (UE) 2019/33 polo que se completa o Regulamento (UE) 1308/2013 no que respecta ás solicitudes de protección de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e termos tradicionais do sector vitivinícola, ao procedemento de oposición, ás restricións de utilización, ás modificacións do prego de condicións, á cancelación da protección, e á etiquetaxe e a presentación. Regulamento de execución (UE) 2019/34 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1308/2013 no que se refire ás solicitudes de protección das denominacións de orixe, as indicacións xeográficas e os termos tradicionais no sector vitivinícola, ao procedemento de oposición, ás modificacións do prego de condicións, ao rexistro de nomes protexidos, á cancelación da protección e ao uso de símbolos, e do Regulamento (UE) nº 1306/2013 no que se refire a un sistema adecuado de controis.

26. Decreto 4/2007 polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.

27. Regulamento (UE) 2019/787 sobre a definición, designación, presentación e etiquetaxe das bebidas espirituosas, a utilización dos nomes das bebidas espirituosas na presentación e etiquetaxe doutros produtos alimenticios, a protección das indicacións xeográficas das bebidas espirituosas e a utilización de alcol etílico e destilados de orixe agrícola nas bebidas alcólicas.

28. Decreto 174/2019 polo que se regula a artesanía alimentaria.

29. Regulamento (UE) 2018/848 sobre produción ecolóxica e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos.

30. Real decreto 1201/2002 polo que se regula a produción integrada de produtos agrícolas.

31. Lei 21/2013, de avaliación ambiental.

32. Real decreto lexislativo 1/2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación.

33. Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: título III (capítulo II).

34. Decreto 7/2019, de inspección ambiental de Galicia.

35. Directiva 91/676/CEE relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos empregados na agricultura. Real decreto 261/1996 sobre a protección das augas contra a contaminación producida polos nitratos procedentes de fontes agrarias.

36. Código galego de boas prácticas agrarias.

37. Lei 9/2003 pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente.

38. Lei 30/2006, de sementes e plantas de viveiro e recursos fitoxenéticos, completa, agás o título V. Real decreto 1891/2008 polo que se aproba o regulamento para a autorización e rexistro dos produtores de sementes e plantas de viveiro e a súa inclusión no rexistro nacional de produtores.

39. Lei 43/2002, de sanidade vexetal.

40. Regulamento (UE) 2016/2031 relativo ás medidas de protección contra as pragas dos vexetais.

41. Real decreto 1311/2012 polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios.

42. Decreto 46/2017 polo que se regula a inscrición e o funcionamento do Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria: completo, agás os anexos.

43. Decreto 60/2014 polo que se regulan as inspeccións periódicas dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e se crea o Comité Fitosanitario Galego, completo, agás os anexos.

44. Regulamento (UE) 1306/2013 sobre o financiamento, xestión e seguimento da política agrícola común.

45. Regulamento delegado (UE) 640/2014 polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade.

46. Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade.

47. Regulamento (UE) 1307/2013 polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da política agrícola común.

48. Real decreto 1075/2014 sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagamentos directos e dos pagamentos ao desenvolvemento rural, completa, agás as seccións 2ª, 4ª, 6ª , 7ª e 8ª do capítulo I do título IV.

49. Real decreto 1076/2014 sobre a asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agrícola común, completa, agás os anexos. Real decreto 1077/2014 polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac).

50. Real decreto 1078/2014 polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola.

51. Regulamento (UE) 1305/2013 relativo ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

52. Regulamento delegado (UE) 807/2014 que completa o Regulamento (UE) 1305/2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e introduce disposicións transitorias: capítulo I e capítulo II.

53. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-20: punto 8 de descrición das medidas seleccionadas (M02, M03, M04, M06, M10, M11 e M13).

54. Real decreto 1179/2018 polo que se regulan os fondos e programas operativos das organizacións de produtores do sector das froitas e hortalizas, completo, agás o anexo V e o anexo VI.

55. Real decreto 1363/2018 para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

56. Decreto 332/1995 polo que se establecen na Comunidade Autónoma de Galicia axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios. Resolución do 23 de decembro de 2020, da Subsecretaría de Agricultura, Pesca e Alimentación, pola que se publica o Acordo polo que se aproba o cuadraxésimo segundo Plan de seguros agrarios combinados.

57. Decreto 200/2012 polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

58. Real decreto 448/2020 sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola: completo, agás o anexo I, o anexo III, o anexo IV, o anexo V, o anexo VI, o anexo VII, o anexo VIII e o anexo IX.

59. Decreto 149/2018 polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural: capítulo I, capítulo II (sección 1ª, sección 5ª e sección 6ª) e capítulo III.

60. Decreto 7/2014 polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria: anexo (título I, título II e título III (capítulo II e capítulo III). Decreto 52/2018 polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos: anexo (capítulo I e capítulo II (sección 4ª).

61. Decreto 42/2019 polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda: título I e título II (capítulo I e capítulo III (sección 1ª). Decreto 172/2018 polo que se aproba o Regulamento de organización e réxime de funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia: Regulamento de organización, funcionamento e réxime interior do Xurado de Expropiación de Galicia (capítulo I e capítulo II).

– Programa específico da escala de enxeñaría especialidade de enxeñaría de montes:

1. O desenvolvemento sustentable. As conferencias ministeriais para a protección dos bosques en Europa: Forest Europe. Resolucións sobre xestión forestal sustentable en Europa. A estratexia forestal da UE.

2. A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

3. Ocupación das principais formacións específicas en Galicia. Existencias. Volumes e taxas de aproveitamento anual para as principais especies forestais en Galicia. Tendencias de ocupación e existencias entre inventarios. Desagregación de datos por provincias.

4. Principais datos de estatística forestal en Galicia: superficie ocupada polos montes públicos, montes veciñais en man común, montes de varas e montes de particulares. Superficies medias. Número de comunidades de montes veciñais en man común e persoas comuneiras. Situación estatutaria e mancomunidades. Desagregación de datos por provincias.

5. Lei 7/2012, de montes de Galicia: Concepto de monte. Definicións. Competencias da Administración local, autonómica e estatal. O Consello Forestal de Galicia. Decreto polo que se desenvolve o Consello Forestal de Galicia. Outras mesas sectoriais.

6. Clasificación dos montes pola súa titularidade. Montes públicos e privados. Montes protectores. O catálogo de montes de utilidade pública. Xestión dos montes públicos e réxime de autorizacións, concesións e servidumes. Deslindamento dos montes públicos.

7. Montes privados e a súa xestión. Montes veciñais en man común (MVMC). Montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e a súa regulación.

8. Lei de montes veciñais en man común en Galicia e o seu regulamento. Deslindamento dos montes veciñais en man común. Adquisición de terreos. Reinvestimentos dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal.

9. Cambio de uso. Cambios de actividade e supostos especiais. Restauración hidrolóxica-forestal. Principais fenómenos erosivos. Inventario nacional de erosión de solos: obxectivos e principais características do inventario.

10. O Plan forestal de Galicia. Obxectivos estratéxicos e programáticos. Principais medidas e programas. Horizonte temporal e orzamento asignado. Procedementos de revisión. Os plans de ordenación dos recursos forestais.

11. Instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia. Os instrumentos de ordenación e xestión forestal en Galicia. Aprobación e rexistro.

12. Certificación forestal: orixe e consecuencias. Principais sistemas de certificación forestal: PEFC e FSC. Certificación da xestión forestal. Certificación da cadea de custodia. Superficie certificada en España e Galicia.

13. Regulación dos aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada en Galicia.

14. Regulación dos aproveitamentos madeireiros en montes en xestión pola CA en Galicia. Decretos e ordes de desenvolvemento. Principais especies e volume anual aproveitado en montes de xestión pública en Galicia. A regulación dos servizos do monte en Galicia.

15. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de coníferas e frondosas perennifolias en Galicia.

16. Modelos silvícolas de aplicación para as principais especies de frondosas caducifolias en Galicia. Outros modelos de xestión forestal.

17. Regulación das masas consolidadas de frondosas autóctonas en Galicia. Creación e regulación do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas. Superficie rexistrada en Galicia.

18. FLEGT e Regulamento EUTR nº 995/2010. Real decreto 1088/2015. O Rexistro de empresas forestais de Galicia (Resfor). Divisións e comunicacións anuais.

19. Análise da cadea forestal da madeira en Galicia. Contextualización: o sector na economía galega. A dimensión territorial do sector.

20. Reais decretos de regulación sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución en España. Pasaporte fitosanitario.

21. Regulación autonómica da conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais, do material forestal de reprodución e entes provedores. Sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución en Galicia.

22. Marco xurídico da sanidade forestal no contexto autonómico, español e da Unión Europea. Marco competencial en materia fitosanitaria na Xunta de Galicia. Declaración de pragas e enfermidades forestais. A rede de seguimento de danos nos bosques.

23. Sanidade forestal: principais enfermidades, pragas forestais e danos en Galicia.

24. O orzamento comunitario. Os fondos estruturais e de investimento comunitarios. A política agraria comunitaria (PAC): o Feaga e o Feader. Consideracións xerais e aplicación ao sector forestal. O FEGA e o Fogga. Os controis Feader: principios básicos de control e o Plan galego de controis Feader non SIXC.

25. Principais liñas de axudas públicas en materia de montes. Tramitación: presentación, inspeccións previas, concesión, execución, solicitudes de pagamento, comprobacións administrativas e pagamento. Renuncias e causas de resolución da perda de dereito ao cobramento.

26. Convenios, consorcios e novos contratos temporais de xestión pública. O fondo de melloras forestal. Superficie de montes baixo este tipo de figuras en Galicia. Desagregación de datos por provincias.

27. Agrupacións forestais de xestión conxunta. Tipoloxía e principais características. Rexistro administrativo. Regulación e rexistro da figura do silvicultor activo. Superficie inscrita en Galicia de agrupacións e silvicultores activos.

28. O réxime fiscal da propiedade forestal. Principais impostos: IRPF, IVE, IS, IBI e ITPAXD.

29. Condicións legais que deben cumprir as repoboacións forestais. Distancias de repoboación. O réxime sancionador en materia de montes de Galicia.

30. Lexislación en materia de recuperación da terra agraria en Galicia.

31. A Axencia Galega da Industria Forestal. As axudas para a industria de primeira transformación.

32. Os incendios forestais. Incidencia en Galicia. Clases, causas, motivacións, factores que interveñen na súa propagación e distribución xeográfica. A estatística xeral de incendios forestais.

33. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia.

34. O lume. O lume como factor ecolóxico. O incendio forestal. Variables que o caracterizan. Factores que interveñen no seu comportamento. Consecuencias económicas, sociais e ambientais. Valoración de danos e perdas.

35. Sistemas de detección. Modelos de combustible. Índices de risco.

36. Extinción de incendios forestais. Sistema de predición de Campbell. Técnicas de extinción, primeiro ataque e ataque ampliado, o contralume. Retardantes.

37. Os grandes incendios forestais (GIF). Definición e estatísticas. O sistema de manexo de emerxencias (ICS). O método de xestión operativa e mando (GOM). A meteoroloxía nos incendios forestais. Comportamento do lume nos GIF. As comunicacións nos GIF.

38. O Pladiga. Os centros de coordinación.

39. Os incendios en interface urbana forestal. Situacións operativas. A integración nos plans de protección civil para emerxencias por incendios forestais. A directriz básica de planificación de protección civil de emerxencias por incendios forestais. O Peifoga.

40. As queimas prescritas. Protocolo. A ventá de actuación. O plan de queima.

41. Prevención de incendios: accións sobre o territorio e sobre a poboación. As redes de faixas de xestión da biomasa. Os perímetros de alto risco de incendios forestais.

42. Medios aéreos de extinción de incendios forestais. Tipos de aeronaves. A coordinación de medios aéreos. As comunicacións cos medios aéreos.

43. A maquinaria pesada na extinción de incendios forestais. Tipos de máquinas empregadas en Galicia. Tipos de traballos. Rendementos. Manobras de autoprotección.

44. Restauración en zonas afectadas por grandes incendios. Técnicas e custos. Índices de severidade.

45. A investigación de causas de incendios forestais. O comportamento do lume. O método das evidencias físicas. Determinación de situacións de risco.

46. A seguridade na extinción de incendios forestais. Factores de risco na extinción. Protocolo OCELA. Situacións en atrapamento. Manobras de autoprotección.

47. As comunicacións na extinción de incendios forestais de Galicia. A rede TETRA. A función repeater e o modo Gateway.

48. O traballo coas motobombas. Características principais. Clasificacións. Partes principais do vehículo de extinción. Cisterna, bomba, mangueiras e accesorios. Seguridade nas operacións coas motobombas.

49. A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. Principios. Instrumentos. Catalogación, conservación e restauración de hábitats e espazos. Uso sustentable do patrimonio natural e da biodiversidade. Axudas e incentivos. Principais convenios internacionais en materia de biodiversidade. Estratexia de biodiversidade da Unión Europea para 2020. Bancos de datos da biodiversidade: funcións e información que subministran.

50. Acceso á información en materia de ambiente: Convenio de Aarhus. A participación na xestión ambiental. Normativa da Unión Europea. A información ambiental en España. A Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

51. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: a súa estrutura orgánica e funcional.

52. Concepto de ecosistema. Biotopos, biocenose. Produción primaria e secundaria. Cadea trófica, fluxo enerxético, balance enerxético. Factores abióticos e bióticos. Sinerxías. Conceptos de poboación e comunidade biótica. Dinámica poboacional. Competencia e simbiose.

53. Ecoloxía aplicada. O equilibrio natural. Acción do home sobre os ecosistemas: a agricultura, a gandaría, a silvicultura, a minaría, a urbanización e os grandes sistemas artificiais. Os impactos das accións do home sobre o ecosistema e sobre os seus compoñentes. Gradación dos impactos. Valores naturais dos ecosistemas humanizados.

54. Bioxeografía de Galicia. Principais tipos de bosques naturais galegos. Hábitats protexidos. Hábitats de interese comunitario presentes en Galicia.

55. Os ecosistemas fluviais. Características xerais. Principais problemas de conservación. Ecoloxía. A vexetación de ribeira. Fauna fluvial. Medidas para a conservación e mellora. Índice de calidade do bosque de ribeira (QBR).

56. Normativa en materia de protección de espazos naturais. A rede galega de espazos protexidos. A Rede Natura 2000 en Galicia, principais taxons e hábitats representados. Plan director da Rede Natura 2000.

57. A protección da fauna e da flora. Normativa específica. Os catálogos e rexistros de fauna e flora. Os endemismos galegos. Catálogo galego de especies ameazadas. Catálogo galego de árbores senlleiras. Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. A Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

58. A pesca fluvial en Galicia. Normativa vixente. Importancia económica. Modalidades. Principais especies susceptibles de pesca continental en Galicia. Ordenación piscícola de augas continentais.

59. A actividade cinexética en Galicia. Lexislación. Contribución á diversificación económica do medio rural. Características das principais especies cinexéticas. Ordenación e plans cinexéticos. Caza selectiva. Cría en cautividade. Repoboacións e introdución de especies. Cotos e Reservas. Incidencia da Directiva 2009/147/CEE de aves silvestres sobre a caza.

60. A avaliación ambiental: Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

61. Normativa autonómica en materia de protección ambiental. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Normativa aplicable en materia de prevención e control integrado da contaminación. Avaliación de incidencia ambiental de actividades en Galicia.

62. Normativa en materia de ordenación do territorio, urbanismo e réxime do solo. Instrumentos de ordenación do territorio en Galicia. Concepto e categorías de solo rústico. Usos e actividades en solo rústico. Autorizacións autonómicas e condicións de edificación en solo rústico.

63. A metodoloxía técnica de avaliación ambiental. Deseño de medidas protectoras e correctoras. Avaliación ambiental de plans, programas e proxectos con potencial afección sobre os espazos da Rede Natura 2000. Medidas compensatorias.

64. O cambio climático. Evidencia científica do fenómeno: impactos, adaptación e mitigación. Resposta internacional ante o cambio climático: a Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, o Protocolo de Qioto e os acordos post Qioto. Os mecanismos de flexibilidade. O réxime xurídico do comercio de dereitos de emisión. Estratexia comunitaria ante o cambio climático. Estratexia española ante o cambio climático.

65. A educación ambiental. Concepto, principios básicos e instrumentos para a educación ambiental. Interpretación do patrimonio ambiental. O CENEAM e o CEIDA: obxectivos e programas de traballo. O Observatorio Galego de Educación Ambiental.

66. As poboacións piscícolas. Principais especies das augas continentais galegas. Dinámica das poboacións. Ciclos vitais e principais requirimentos de cada fase. Técnicas de inventariación piscícola: cálculo de densidades, biomasas, producións, recrutamentos e crecementos.

67. Técnicas de protección e fomento das poboacións piscícolas. Conservación e mellora do hábitat fluvial. Bases técnicas das principais infraestruturas: capturadoiros, centros ictioxénicos, canles de desova e cría. As repoboacións piscícolas: xustificación e técnicas.

68. O caudal ecolóxico: concepto normativo e metodoloxías. Minimización de impactos. Impactos singulares: dispositivos de franqueo. Normativa aplicable.

69. Instalacións de acuicultura comercial. Normativa e supervisión administrativa. Afeccións ao medio e prevención de impactos. Epizootias e afeccións ás poboacións salvaxes. Situación do sector na Comunidade Autónoma galega.

70. Especies cinexéticas da Comunidade Autónoma galega. Ciclos biolóxicos. O inventario cinexético: métodos e parámetros que se obterán. Dinámica poboacional. Estrutura poboacional. Densidade. Crecemento, mortalidade, produción. Principais epizootias, medidas preventivas e métodos de control.

71. A ordenación cinexética: bases lexislativas e técnicas. Os TECOR. Plans cinexéticos. Efectos da caza e valoración socioeconómica. Protección e mellora das poboacións. Melloras do hábitat. Repoboacións e reintroducións: xustificación, análise da súa problemática e técnicas de actuación. Control de poboacións. Granxas cinexéticas: peculiaridades construtivas, normativa de aplicación, situación en Galicia.

72. Os espazos naturais protexidos. Clasificación segundo o réxime de protección internacional, comunitario, nacional e autonómico. Instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos en Galicia. Procedemento de declaración e a xestión dos espazos naturais protexidos en Galicia.

– Programa específico da escala de enxeñaría especialidade de enxeñaría industrial:

1. Decreto lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (libro segundo: política industrial).

2. Aspectos xurídicos básicos da empresa. Clases de empresas segundo a súa forma xurídica. Especial mención á sociedade anónima. O rexistro mercantil. Outros tipos de empresas. Sociedades limitadas. Empresas cooperativas.

3. Os estados financeiros da empresa. Balance. Conta de resultados. Ordenación de contas. Masas patrimoniais do activo e pasivo.

4. Análise e diagnóstico económico-financeiro. Obxectivos financeiros da empresa. Rendibilidade, liquidez e risco. Obxectivos do diagnóstico. Análise patrimonial. Esquema de orixe e aplicación de fondos.

5. Medidas da liquidez. Cash-flow e o seu financiamento. Rotación do activo circulante e os seus compoñentes. Flotación de provedores. Medidas da solvencia e a liquidez. Fondo de manobra e capital de traballo necesario.

6. Rendibilidade sobre fondos propios e rendemento sobre activo total. Descomposición da rendibilidade: marxe, rotación, apancamento financeiro. Análise de custos: fixos e variables. As relacións custo-volume-beneficio. O punto morto.

7. Planificación estratéxica e operativa. Programación e orzamentos. Modelos e instrumentos de planificación, programación e elaboración de orzamentos. Funcións directivas: planificación, organización, dirección, motivación e control.

8. Estrutura financeira da empresa. Fontes de financiamento: propias e alleas. O concepto de custo dos recursos e a súa utilización na selección de proxectos de investimentos. Fontes de financiamento máis comúns no noso sistema financeiro, inscrición, utilización, custos e mercados subministradores.

9. O plan de investimentos. Investimento inicial, custos relevantes, fluxos de custos anuais. Criterios económicos de decisión para a aceptación de proxectos de investimentos e a súa priorización.

10. O concurso. Declaración de concurso e os seus efectos sobre as empresas. A Administración concursal.

11. Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación.

12. Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación en Galicia.

13. Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes: títulos I, II, III, IV e V. Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas: títulos I, II e III.

14. Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

15. Real decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

16. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia: títulos I, II, III e V.

17. Lei 1/2021, de 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: capítulos I ao V.

18. Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental: títulos do I ao III. Anexo I e anexo II.

19. Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación: títulos I, II e III.

20. Lei 7/2021, do 20 de maio, de cambio climático e transición enerxética (títulos I, II, III, IV e VI).

21. A Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia: títulos do I ao IV. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: capítulo II, título III.

22. Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

23. Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía, capítulos do I ao VI. Real decreto 244/2016, do 3 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía: capítulos I ao V.

24. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo: anexo I.

25. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

26. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica: títulos do I ao VII. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia: título III.

27. Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica: capítulos I, II, VI e VII. Real decreto 1699/2011, do 18 de novembro, polo que se regula a conexión á rede de instalacións de produción de enerxía eléctrica de pequena potencia: capítulos I, II, III e IV. Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de aceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica (capítulos do I ao IX).

28. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas ITC LAT-04 e LAT-05.

29. Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos: títulos do I ao VI.

30. Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

31. Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica.

32. Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

33. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos.

34. Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural: títulos do I ao IV.

35. Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproban o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas ICG 01, 03, 04 e 07.

36. Lei 21/1992, do 16 xullo, de industria. Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial.

37. Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (libro primeiro: seguridade industrial).

38. Avaliación da conformidade e marcado CE. Vixilancia do mercado. Cláusula de salvagarda.

39. Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Integrado Industrial. Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia.

40. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproban o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC BT-04 e BT-05.

41. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 22 e 23.

42. Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproban o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios e a súa ITC 04.

43. Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro, polo que se aproban o Regulamento de instalacións petrolíferas e a súa ITC MI-IP 02.

44. Real decreto 809/2021, do 21 de setembro, polo que se aproban o Regulamento de equipamentos de presión e as súas instrucións técnicas complementarias. ITC EP-1, caldeiras. ITC EP2, centrais xeradoras de enerxía eléctrica.

45. Real decreto 656/2017, do 23 de xuño, polo que se aproban o Regulamento de almacenamento de produtos químicos a as súas ITC.

46. Real decreto 552/2019, do 27 de setembro, polo que se aproban o Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas e as súas instrucións técnicas complementarias: capítulos I, II, III, IV e V.

47. Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipos e compoñentes. Real decreto 920/2017, do 23 de outubro, polo que se regula a inspección técnica de vehículos.

48. Real decreto 513/2017, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios.

49. Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais e anexo III.

50. Aparellos de elevación e a súa manutención: Real decreto 203/2016 polo que se establecen os requisitos esenciais de seguridade para a comercialización de ascensores e compoñentes de seguridade para ascensores.

51. Aparellos de elevación e a súa manutención: Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-2. Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-4.

52. Real decreto 840/2015, do 21 de decembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas.

– Programa específico da escala de ciencias especialidade de química:

1. Análise volumétrica. Volumetrías ácido-base. Volumetrías redox. Volumetrías de precipitación. Volumetrías de formación de complexos.

2. Gravimetrías. Potenciometrías e condutimetrías. Fundamentos, equipamentos e aplicacións. Electrofórese. Fundamentos, equipamentos e aplicacións.

3. Cromatografía de gases. Principios de operación. Compoñentes básicos. Inxectores: tipos. Columnas: tipos, características, instalación e mantemento. Detectores (MS, FID, TCD, ECD, PID).

4. Cromatografía de líquidos. Principios de operación. Compoñentes básicos. Bombas: tipos. Sistemas de mestura. Inxectores: tipos. Columnas: tipos, características, instalación e mantemento. Detectores (UV-VIS, Fotodiodos, FL, IR, Condutividade, Electroquímico, MS). Fontes de ionización en HPLC-MS. Principios de supresión en cromatografía iónica.

5. Técnicas espectrométricas: espectrometría de infravermellos, visible e ultravioleta. Fundamento, equipamentos e aplicacións.

6. Espectrometría de absorción e emisión atómica. Chama. Cámara de grafito. Xerador de hidruros. Principios de operación e compoñentes básicos de cada un dos sistemas.

7. Espectrometría de plasma de acoplamento indutivo (ICP-AES e ICP-MS). Principios de operación. Sistemas de introdución de mostra: tipos de nebulizadores, tipos de cámaras de nebulización. Características dun plasma, o facho. Interfase e óptica: xeneralidades. Detectores: tipos. Interferencias en ICP-AES e ICP-MS: tipos, tratamento.

8. Métodos analíticos baseados en inmunoanálises. Fundamento. Tipos. Compoñentes básicos dos equipos. Aplicacións.

9. Sistema de calidade baseado na norma UNE-EN ISO/IEC 17025: manual de calidade, control de cambios, cualificación do persoal, calibración, control e mantementos de equipamentos, inventarios e fichas de equipo, auditorías, accións correctivas e preventivas, rastrexabilidade, informes de ensaio.

10. Sistema de calidade baseado na norma UNE-EN ISO/IEC 17025: métodos de ensaio e calibración, validación de métodos, control de calidade, precisión e exactitude, reproducibilidade e repetibilidade, límites de confianza, cálculo de incertezas, patróns e materiais de referencia, ensaios interlaboratorio.

11. Regulamentos REACH e CLP: características de perigo dos produtos químicos, criterios de clasificación de substancias e mesturas químicas, mecanismos de información: etiquetas, fichas de datos de seguridade; restricións de fabricación, comercialización e uso de substancias perigosas.

12. Toxicoloxía industrial: criterios de valoración de axentes químicos. Valores límites ambientais (VLA): definición e directrices para a avaliación da exposición por inhalación de axentes químicos. Valoración por comparación co VLA de exposición diaria VLA-ED e de exposicións curtas VLA-EC. Medicións periódicas de control. Valores límites biolóxicos (VLB): definición, características e métodos de control.

13. O Real decreto 374/2001 sobre riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo: avaliación dos riscos, medidas de prevención xerais e específicas, medidas para adoptar fronte a accidentes, incidentes e emerxencias. Real decreto 665/1997 sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos e mutáxenos durante o traballo: identificación e avaliación da exposición a carcinóxenos, prevención e redución da exposición.

14. Laboratorios químicos: riscos específicos hixiénicos e de seguridade. Consideracións relativas á estrutura, deseño e distribución dos laboratorios. Consideracións sobre seguridade relativas a instalacións e aparellos. Consideracións sobre operacións comúns. Equipamentos de seguridade: elementos de protección e de actuación. Xestión dos residuos no laboratorio: normas xerais de manipulación de residuos, programa de xestión de residuos no laboratorio: sistema de recollida; clasificación e eliminación de residuos; envasado e etiquetaxe; almacenamento temporal.

15. Control das exposicións a riscos químicos (hixiénicos e de seguridade). Técnicas xerais. Accións de control técnicas. Accións de control organizativas. Priorización do control de riscos. Accións sobre o axente. Accións sobre o proceso. Accións no local de traballo. Accións nos métodos de traballo.

16. Avaliación e control de riscos químicos (hixiénicos e de seguridade) de carácter específico: clasificación de áreas e medidas de control de atmosferas explosivas. Documento de seguridade en atmosferas explosivas. Riscos químicos no manexo de fertilizantes. Riscos toxicolóxicos dos principais grupos de praguicidas. Riscos específicos nas operacións en viveiros e invernadoiros.

17. Toma de mostras para análise química: importancia nos resultados das análises. Representatividade das mostras. Distintos procedementos de toma de mostras. Conservación e preparación de mostras para análise química. Homoxeneización e redución do tamaño da mostra. Conservación dos diferentes tipos de mostras segundo as determinacións que se van realizar.

18. Análise química dos diferentes tipos de forraxes: determinación do valor nutritivo. Estado de conservación dos ensilados: determinacións analíticas para a súa avaliación.

19. Composición química dos pensos. Análises básicas para a determinación do seu valor nutritivo. Outros compoñentes: hidratos de carbono, fósforo, calcio, cobre, urea, cloruros. Fundamentos dos métodos de análise. Análise micrográfica. Compoñentes tóxicos en pensos: fundamentos dos métodos de análise de aflatoxinas, nitratos, nitritos, metais pesados e arsénico.

20. Aceites e graxas. Parámetros determinantes da calidade e pureza. Fundamentos ou principios dos métodos físico-químicos para a identificación dos aceites e os seus compoñentes máis importantes.

21. Carnes e produtos cárnicos. Fundamentos ou principios dos métodos de análises químicos dos parámetros máis importantes.

22. Produtos en conserva: conservas e semiconservas de peixe, conservas vexetais. Fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-químicos dos parámetros máis importantes.

23. O viño: automatización da análise de viños-Analizadores FTIR. Constitución ácida e glicídica das uvas e dos viños e a súa análise. Compostos fenólicos das uvas e dos viños e principios das análises. Compoñentes volátiles das uvas e dos viños e a súa análise. Composición mineral dos viños e a súa análise.

24. Os destilados: normativa relativa á súa definición (Regulamento CE 110/2008). Composición química dos augardentes. Fundamentos das análises de augardentes (OIV, CE).

25. Cervexas: tipoloxías e características principais. Fundamentos das análises máis características. Vinagres: tipoloxías e características principais. Determinacións máis características.

26. Directiva marco da auga: calidade das augas. Estado químico e estado ecolóxico das augas. Analíticas que hai que efectuar para definir o estado ecolóxico das augas.

27. Análises de augas superficiais e subterráneas. Calidade das augas superficiais. Indicadores de calidade para a clasificación e seguimento do estado. Redes de control e seguimento. Requirimentos de calidade analítica.

28. Analítica de augas residuais e industrias de vertedura ao dominio público hidráulico (DPH) e ao dominio público marítimo (DPM). Parámetros característicos de vertedura e valores límites de vertedura. Obxectivos de calidade do medio receptor.

29. Analítica de solos contaminados, de tecnosolos e de lodos de EDAR. Analitos para ter en conta; fundamentos dos métodos de análises.

30. Leite e produtos lácteos. Composición. Tipos. Fundamentos ou principios dos métodos de análises químicos, dos principais compoñentes.

31. Análises de produtos fitosanitarios. Concepto. Clasificación. Persistencia e toxicidade. Efectos sobre a saúde humana e o medio. Plans de control de residuos de produtos fitosanitarios. Problemática xeral da análise de residuos de pesticidas. Métodos de preparación de mostras e análises.

32. O solo: textura e estrutura, o pH, a acidez e as necesidades de cal, o complexo de cambio, nutrientes principais no solo, relación C/N, materia orgánica, utilización das análises de solo para a determinación da fertilidade.

33. Fundamentos ou principios dos métodos de análise de solo: textura, densidade, humidade, pH, condutividade eléctrica, carbono, nitróxeno (Ca, Mg, Na e K asimilables), oligoelementos, fósforo asimilable, acidez do solo, materia orgánica, carbonatos, análise foliar para a determinación da fertilidade.

34. Fertilizantes inorgánicos e emendas. Real decreto 506/2013 sobre produtos fertilizantes e Regulamento (CE) 2003/2003 relativo aos fertilizantes: definicións, fundamentos da súa clasificación, fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-química.

35. Fertilizantes orgánicos e órgano-minerais. Real decreto 506/2013 sobre produtos fertilizantes: definicións, fundamentos da súa clasificación, fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-química.

36. Substratos. Real decreto 865/2010, do 2 de xullo, sobre substratos de cultivo: definicións, fundamentos da súa clasificación, fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-química.

37. Distribución de competencias en materia de augas na Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias en materia de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais. Demarcacións hidrográficas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa.

38. Tratamento de augas residuais: pretratamento, tratamento primario, tratamento secundario, tratamento terciario. Tratamento dos lodos de depuración das augas residuais urbanas e de industrias agroalimentarias. Usos destes lodos.

39. Lei 1/1995 de protección ambiental de Galicia: a inspección ambiental. As avaliacións de impacto ambiental e de plans e programas. Lei 9/2013, de emprendemento e de competitividade económica de Galicia: avaliación ambiental de actividades.

40. A prevención e control integrado da contaminación: a Lei 6/1992 e a Lei 5/2013. Actividades que están suxeitas a este procedemento; a autorización ambiental integrada; os valores límites de emisión (VLE); as mellores técnicas dispoñibles; a información e sistemas de comunicación das actividades IPPC; o control ambiental destas instalacións IPPC. O rexistro europeo PRTR.

41. Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados. Diferentes tipos de residuos. A xerarquía dos residuos. Tratamentos. Subprodutos. Códigos LER. Produtores e xestores. A rastrexabilidade dos residuos. Traslados. Autorizacións administrativas.

42. Calidade dos solos e das augas subterráneas. Redes de control e seguimento. Declaración de solos contaminados. Actividades potencialmente contaminantes de solos. Técnicas de descontaminación e recuperación de solos contaminados.

43. Calidade do aire. Redes de control de calidade do aire. Equipamentos automáticos de medida de contaminantes no aire ambiente. Toma de mostras e caracterización da composición do material particulado do aire ambiente.

44. Actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera: rexistro destas actividades en Galicia: Regade-Capca. Control de emisións á atmosfera. Sistemas automáticos de medida de contaminantes nos focos emisores á atmosfera. Avaliación do cumprimento dos valores límite de emisión.

45. A responsabilidade ambiental. Operadores afectados pola normativa de responsabilidade ambiental. A garantía financeira obrigatoria. Análises de riscos ambientais. Dano significativo ambiental: formas de avaliación. Medidas reparadoras primarias; medidas compensatorias e medidas complementarias.

46. Riscos industriais no sector químico: normativa europea (Directiva Seveso), española e galega aplicable. Directriz básica de risco químico. Os plans de emerxencia exterior: a súa estrutura e empresas afectadas en Galicia. Parte específica da escala de ciencias, especialidade en bioloxía.

– Programa específico da escala de arquitectos:

1. A Lei 38/1999, de ordenación da edificación. Exixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías.

2. Disposicións relacionadas coa edificación. Normas, regulamentos e instrucións.

3. Disposicións sobre redacción de proxectos e dirección de obras. O libro de ordes e visitas. O certificado final de obras. Responsabilidade profesional do arquitecto. Intervencións dos colexios profesionais de arquitectos. O visado colexial.

4. O Código técnico de edificación. Ámbito de aplicación. Partes e contidos. Xeneralidades e exixencias básicas.

5. Seguridade estrutural na edificación. DB-SE. Resistencia e estabilidade. Aptitude ao servizo. Relación con outras normativas estruturais. Normativa de accións na edificación. DB-SE-AE. Cimentacións na edificación. DB-SE-C.

6. Cimentacións na edificación. DB-SE-C.

7. Estruturas de aceiro en edificación. DB-SE-A.

8. Estruturas de fábrica en edificación. DB-SE-F.

9. Estruturas de madeira en edificación. DB-SE-M.

10. Seguridade en caso de incendios na edificación. DB-SI.

11. Seguridade de utilización na edificación. Exixencias básicas SUA 1 a SUA 8.

12. Condicións de salubridade na edificación. DB-HS.

13. Aforro de enerxía na edificación. DB-HE.

14. A certificación de eficiencia enerxética.

15. Condicións acústicas na edificación Normativa técnica. DB-HR.

16. Estruturas de formigón na edificación. EHE.

17. Condicións mínimas de habitabilidade. A normativa galega de habitabilidade.

18. Normativa estatal vixente en materia de accesibilidade. Aspectos básicos da Lei 51/2003, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Real decreto 505/2007. Exixencia básica SUA. Seguridade de utilización e accesibilidade.

19. Orde TMA/851/2021, do 23 de xullo, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.

20. Normativa autonómica vixente en materia de accesibilidade. Conceptos básicos. O Código de accesibilidade.

21. O control de calidade na edificación. As entidades e laboratorios de control de calidade na edificación. Normativa autonómica. Exixencias de control de recepción e execución no Código técnico de edificación.

22. Seguridade e saúde nas obras de construción. Real decreto 1627/1997.

23. Organización de obras: técnicas de programación. Plan de obra. Control do proceso construtivo.

24. Organización de obras: técnicas de programación PERT e GANTT. Plan de obra. Control do proceso construtivo.

25. O contrato de obras: tipos de expedientes de contratación. Formas de adxudicación. Formalización do contrato. Comprobación da implantación.

26. Execución do contrato de obras. Dereitos o deberes dos contratistas. Aboamentos ao contratista. Modificación do contrato de obras. Recepción e liquidación. Revisión de prezos.

27. Lexislación actual sobre vivendas de protección oficial. Normas xerais. Normas de deseño e calidade. Requisitos, cualificación e tipo de promoción. Vivendas de protección autonómica. Normativa autonómica.

28. Actuacións protexidas en materia de rehabilitación. Lexislación estatal e autonómica. Rehabilitación de vivendas e edificios no medio rural e en conxuntos históricos. Remate exterior de vivendas rurais. Infravivenda. Requisitos, condicións e tramitación.

29. Dereito urbanístico: evolución histórica da lexislación urbanística en España. Evolución da lexislación galega sobre urbanismo e ordenación do territorio. Principios básicos do ordenamento urbanístico vixente.

30. A organización administrativa do urbanismo: o urbanismo como función pública. Competencias da Administración do Estado. Competencias da Administración autonómica: órganos urbanísticos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias da Administración local, en particular, as de carácter municipal.

31. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e a Lei 3/2016, do 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese: obxectivos e principios xerais.

32. Réxime xurídico do solo: dereitos e deberes dos propietarios do solo. A clasificación urbanística do solo. As normas de aplicación directa. Réxime xurídico de aplicación aos concellos con planeamento non adaptado á Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

33. O planeamento urbanístico: os plans como figuras centrais do ordenamento urbanístico. Disposicións xerais sobre o planeamento: sustentabilidade e calidade de vida e cohesión social.

34. O Plan básico autonómico de Galicia e os plans básicos municipais.

35. O Plan xeral de ordenación municipal: documentación e determinacións. Procedemento de elaboración e aprobación.

36. As normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

37. O planeamento do desenvolvemento: plans parciais e plans especiais. Outras figuras de planeamento: as delimitacións do solo de núcleo rural; os estudos de detalle; os catálogos.

38. Vixencia, modificación e efectos da aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico: o Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. O réxime do fóra de ordenación.

39. Execución do planeamento: principios xerais. Áreas de repartición e polígonos. Os sistemas de actuación: cooperación, expropiación, concerto e compensación. Obtención de terreos de sistemas xerais e locais.

40. Os títulos habilitantes municipais de natureza urbanística: licenzas e comunicacións previas. Disciplina urbanística: principios xerais. A protección da legalidade urbanística, infraccións urbanísticas e as súas sancións. A inspección urbanística.

41. Ordenación do territorio: principios xerais. Os instrumentos de ordenación do territorio (I): Directrices de ordenación do territorio: as directrices de ordenación do territorio de Galicia (Decreto 19/2011, do 10 de febreiro); os plans territoriais: integrados e especiais. O Plan de ordenación do litoral (Decreto 20/2011, do 10 de febreiro).

42. Os instrumentos de ordenación do territorio (II): Os plans sectoriais. Os proxectos de interese autonómico. Procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio. Modificación, efectos e vixencia dos instrumentos de ordenación do territorio.

43. Estradas e ferrocarril: lexislación estatal e autonómica.

44. Costas e portos: lexislación estatal e autonómica. O dominio público marítimo terrestre e a súa protección. Planificación urbanística da franxa litoral e dos portos. Distribución de competencias entre as administracións estatal, autonómica e local.

45. Espazos naturais: lexislación estatal e autonómica. Espazos naturais de interese comunitario: a Rede Natura 2000. Usos permitidos e prohibidos nas zonas de especial conservación. Significado das actividades vinculadas aos usos tradicionais.

46. O patrimonio cultural: evolución do concepto do patrimonio a través de documentos e cartas internacionais. Criterios de intervención nos conxuntos histórico-artísticos e nos edificios históricos. Materiais e sistemas construtivos tradicionais aplicados á conservación e restauración.

47. Lexislación estatal e autonómica de protección do patrimonio cultural. Competencias e obrigas das distintas administracións na protección do patrimonio cultural.

48. Lei 3/1996, de protección dos Camiños de Santiago. A protección do Camiño de Santiago, as determinacións e os criterios aplicables nos informes e autorizacións aos plans, programas e proxectos que se desenvolvan nos ámbitos afectados pola delimitación do Camiño de Santiago francés, aprobada polo Decreto 227/2011, do 2 de decembro, e o Decreto 144/2012, do 29 de xuño.

49. Principios legais de protección do patrimonio cultural e a súa vinculación coa lexislación vixente en materia de ordenación urbanística e protección do medio rural.

50. Sistemas de valoración segundo o obxectivo de valor: método do custo, método de comparación, método residual e método de actualización de rendas. A depreciación: clases.

51. Valoracións urbanísticas e expropiatorias. Regulación contida no texto refundido da Lei do solo (Real decreto lexislativo 2/2008) e no Regulamento de valoracións (Real decreto 1492/2011).

52. Valoracións fiscais. Valor catastral (normativa técnica estatal para o seu cálculo). A comprobación de valores de prezos medios de mercado aplicable a determinados inmobles rústicos e urbanos situados na Comunidade Autónoma de Galicia (normativa técnica autonómica para o seu cálculo).

53. A lexislación de arrendamentos urbanos. Principios xerais.

ANEXO IV

(Nome e apelidos aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte ..., declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal funcionario no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala e especialidade..., que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se encontra en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.

(País e localidade)..., ... de ... de 202...

ANEXO V

(Nome e apelidos aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte..., declara, para efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala e especialidade..., que non se encontra inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

(País e localidade) ..., ... de ... de 202...