Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 17 de decembro de 2021 Páx. 62311

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fai pública a modificación das bases específicas para a selección dunha praza de persoal temporal.

A Dirección Xerencia de Cetmar, en virtude das competencias atribuidas polo Padroado da fundación, anuncia a modificación/emenda da titulación requirida para a selección dunha praza de persoal temporal dentro do proxecto Manifest.

As novas bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 13 de decembro de 2021

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Cetmar