Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 17 de decembro de 2021 Páx. 62310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos extraordinarios de estabilización de emprego de persoal funcionario.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 135, do 20 de xullo de 2021 publícanse as bases comúns dos procedementos selectivos que convoque o Concello de Ortigueira en execución dos procesos extraordinarios de estabilización de emprego temporal aprobadas por Resolución da Alcaldía 645/2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 162, do 26 de agosto de 2021 publícanse as bases especificas para a provisión mediante concurso oposición de diversas prazas no marco do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal aprobadas por Resolución da Alcaldía 738/2021.

Por Resolución da Alcaldía numero 2021-1074, do 18 de novembro de 2021 resolveuse convocar os procesos selectivos para a cobertura das seguintes prazas:

Persoal funcionario

Escala/subescala

Categoría

Nº prazas ofertadas

Grupo/subgrupo

Escala administración especial

Subescala técnica superior

Asesor/a xurídico/a

1

A1

Psicólogo/a

2

A1

Subescala técnica media

Axente de emprego e desenvolvemento local

1

A2

Orientador/a laboral

1

A2

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista das propias bases da convocatoria.

Ortigueira, 22 de novembro de 2021

Juan Vicente Penabad Muras
Alcalde