Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 17 de decembro de 2021 Páx. 62309

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de oficial de servizos múltiples, persoal laboral fixo, prevista na oferta de emprego público de 2018, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 210, do 2 de novembro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, con carácter de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición e promoción interna, dunha praza vacante de oficial de servizos múltiples, incluída na oferta de emprego público de 2018 do Concello das Neves. O día 8 de novembro de 2021 publicouse unha corrección de erros sobre esta.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

As Neves, 2 de novembro de 2021

Xosé Manuel Rodríguez Méndez
Alcalde presidente