O premio xornalístico Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en forma de artigos xornalísticos publicados, mostren unha alta consideración da solidariedade, a compresión entre os homes e a defensa dos valores democráticos.
O resultado do premio, farase público o día 2 de febreiro de 2022, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.
Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., rúa Ribadeo, 5, 27002 Lugo.
Lugo, 17 de decembro de 2021
Blanca García Montenegro
Presidenta