Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do SU 7 do Plan xeral de ordenación municipal no lugar de Foxos, no termo municipal de Sanxenxo.

A Corporación Municipal en Pleno do Concello de Sanxenxo, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de novembro de 2021, adoptou, por maioría absoluta dos membros de dereito da Corporación, o acordo cuxa parte dispositiva se transcribe:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do SU 7 do PXOM de Sanxenxo no lugar de Foxos, no termo municipal de Sanxenxo.

Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia o acordo de aprobación definitiva da modificación do plan parcial.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Cuarto. Publicar no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra a normativa e as ordenanzas da modificación do plan parcial, tras a súa inscrición no Rexistro de Planeamento da Xunta de Galicia.

Quinto. Notificar individualmente o presente acordo ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

O documento definitivamente aprobado estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente en dereito.

Sanxenxo, 10 de decembro de 2021

Telmo Martín González
Alcalde