No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 237, do 15 decembro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar un operario de limpeza, persoal laboral fixo, praza reservada a persoa con discapacidade xeral, polo sistema de concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
O anuncio das listas provisionais de admitidos e excluídos e a lista definitiva publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos conforme o establecido nas citadas bases.
Rianxo, 15 de decembro de 2021
Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde