Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2021 Páx. 63256

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de proceso selectivo dunha praza de tractorista para a limpeza de praias, persoal laboral fixo descontinuo (execución de sentenza).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 237, do 15 decembro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar un tractorista de limpeza de praias, persoal laboral fixo descontinuo (execución de sentenza), polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio das listas provisionais de admitidos e excluídos e a lista definitiva publicarase no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos conforme o establecido nas citadas bases.

Rianxo, 15 de decembro de 2021

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde