Mediante Decreto da Alcaldía número 2021-2641, do 3.11.2021, e unha vez rematado o pertinente proceso selectivo, nomeouse a María Dolores Miguélez Casás, con DNI ***9973**, funcionaria de carreira para ocupar a praza vacante do cadro de persoal do Concello do Porriño integrada na escala de administración xeral, subescala de xestión, técnico medio de xestión económica, subgrupo A2, incluída na oferta pública de emprego do ano 2020. O que se fai público para o xeral coñecemento.
O Porriño, 10 de novembro de 2021
Eva García de la Torre
Alcaldesa