Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2021 Páx. 63254

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2021.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, da sesión extraordinaria e urxente do 26 de novembro de 2021, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2021, que inclúe as prazas que a seguir se detallan:

Persoal laboral:

Denominación do posto de traballo

Grupo laboral

Categoría laboral

Nº de prazas vacantes

Traballador/a social

II

Persoal laboral fixo

1

O que se fai público en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

O Pereiro de Aguiar, 1 de decembro de 2021

Luis Menor Pérez
Alcalde