Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63536

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Enfermaría de Galicia

ANUNCIO do 20 de novembro de 2021 polo que se fai pública a Resolución do 30 de xuño de 2021 pola que se nomean seis académicos de número e sete académicos correspondentes da dita entidade.

Publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 78, do 27 de abril de 2021 a Resolución da Xunta de Goberno pola que se anunciaron para a súa cobertura (Resolución do 11 de marzo de 2021) seis prazas de académicos de número e doce prazas de académicos correspondentes.

Unha vez desenvolvido estatutariamente o pertinente proceso de admisión das solicitudes presentadas en atención aos requisitos da convocatoria, a Xunta de Goberno, tras a conseguinte valoración e elección, acordou en sesión do día 14 de xuño de 2021, e a Xunta Plenaria, en sesión que se celebrou o 30 de xuño de 2021, referendou, por unanimidade, o seguinte acordo:

a) Nomear académicos/as de número as seguintes persoas:

Luis Arantón Areosa

Mirian Vázquez Campo

María José Menor Rodríguez

Clara González Formoso

Miguel Ángel Iglesias Blanco

María Reyes Pérez Fernández

b) Nomear académicos/as correspondentes as seguintes persoas:

Andrea del Pilar Pérez Dinamarca

Raquel Rodríguez González

Carlos Rodríguez Abad

David Peña Otero

Elvira Cobas Couto

María Jesús Pérez Taboada

Mario Alberto Rivas Carro

Así consta no libro de actas da academia e publícase para coñecemento xeral.

Lugo, 20 de novembro de 2021

Isidoro Rodríguez Pérez

Ángel Alfredo Martínez Ques

Presidente da Academia de Enfermaría
de Galicia

Secretario da Academia de Enfermaría
de Galicia