Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63534

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2021.

Mediante Resolución da Alcaldía 2021/G003/000320, do 15 de decembro de 2021, aprobouse a oferta de emprego público de 2021 do Concello de Vilasantar, correspondente ás seguintes prazas:

Persoal laboral:

Denominación

Tipo

Grupo

Axente de emprego e desenvolvemento local e administración

Laboral indefinido (por sentenza)

II

Técnico en xestión cultural e información xuvenil

Laboral indefinido (por sentenza)

II

Educadora familiar

Laboral temporal

II

Técnico deportivo

Laboral temporal

II

Auxiliar administrativo

Laboral temporal

IV

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral temporal

V

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral temporal

V

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral temporal

V

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral temporal

V

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral temporal

V

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral temporal

V

Procédese á súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello, no Diario Oficial de Galicia, e no Boletín Oficial da provincia, para efectos de xeral coñecemento e da interposición polos interesados dos recursos que se consideren oportunos.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderse interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que contará desde o seguinte ao da publicación do presente acordo, de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderase interpoñer o recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo ou desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución do recurso potestativo de reposición ou no cal este deba entenderse desestimado, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formular calquera outro recurso que consideren.

Vilasantar, 16 de decembro de 2021

Fernando Pérez Fernández
Alcalde