Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63533

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO do proceso selectivo dunha (1) praza de arquitecto.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 239, do 17 de decembro de 2021, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar un arquitecto como funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O anuncio das listas provisionais de admitidos e excluídos e a lista definitiva publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos conforme o establecido nas citadas bases.

Rianxo, 17 de decembro de 2021

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde