Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63352

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 224, do 22 de novembro, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo I, provincia da Coruña, na páxina 57120, onde di: «10. Boimorto, 1 de marzo, Martes de Entroido, 6 de setembro, festas do Rosario», debe dicir: «10. Boimorto, 1 de marzo, Martes de Entroido, 5 de setembro, festas do Rosario», na páxina 57121, onde di: «24. Cee, 16 de xullo, festa de San Adrián, 16 de agosto, festa de San Roque», debe dicir: «24. Cee, 16 de xuño, festa de San Adrián, 16 de agosto, festa de San Roque».