Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63559

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 11 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A).

O 21 de outubro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A).

No seu artigo 2 precísase que para o financiamento destas axudas se destinará un crédito de catrocentos cincuenta mil euros (450.000,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.470.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, e sinálase que este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación.

Tendo en conta que o crédito inicialmente destinado a esta convocatoria resulta insuficiente debido ao gran volume de solicitudes presentadas, cómpre, mediante esta resolución, ampliar a dotación orzamentaria para a concesión das mencionadas axudas.

En virtude do exposto, no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 109/2021, do 15 de xullo, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007; nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación da dotación orzamentaria

1. Ampliar a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a conce-sión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021, na contía de douscentos cincuenta e oito mil euros (258.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.470.0. Deste importe, 244.000,00 euros serán destinados á liña 1 de axudas para promover o autoemprego e a actividade emprendedora (código de proxecto 2015 00038) e 14.000,00 euros serán destinados á liña 2 de axudas COVID-19 para mantemento do autoemprego (código de proxecto 2021 00002).

2. Esta ampliación orzamentaria non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na resolución da convocatoria nin o resto do seu articulado.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración