O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión de árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:
Rexistro de entrada: 2021/2533222.
Data: 27.10.2021.
Solicitante: Adela Mora Salgueiro.
Especie: Eucalyptus globulus Labill., 1800.
Localidade: Poio.
Concello: Poio.
Provincia: Pontevedra.
Rexistro de entrada: 2021/2588143.
Data: 3.11.2021.
Solicitante: Concello de Boiro.
Especie: Maclura pomifera (Raf.) C.K.Schneid.
Localidade: Pazo de Goiáns.
Concello: Boiro.
Provincia: A Coruña.
Rexistro de entrada: 2021/2620347.
Data: 8.11.2021.
Solicitante: Concello de Boiro.
Especie: Quercus suber L.
Localidade: Pazo de Goiáns.
Concello: Boiro.
Provincia: A Coruña.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a ela, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, avenida Victoria Moreno, nº 43, 4º, 36071 Pontevedra.
- Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural