De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 13 de decembro de 2021, do proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común Serra do Leboreiro e Cabreira, nas parroquias da Fraga, Parada e San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira (Ourense), promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) Serra do Leboreiro e Cabreira.
Esta declaración poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático