Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63789

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas.

O 2 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 210) a Resolución do 27 de outubro de 2021, da Escola Galega de Administración Pública, pola que se convocan os cursos de formación practica do persoal interino que desempeñe os postos reservados a funcionarios de Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia con habilitación de carácter nacional.

Finalizado o 30 de novembro de 2021 o citado curso de formación práctica e de conformidade coa proposta de actualización de méritos, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a relación de persoas declaradas aptas no curso práctico de formación pola Escola Galega de Administración Pública no portal de servizos web Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A

Segundo. Facer pública a actualización de méritos derivada do procedemento PR410B no portal de servizos web Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410B

Terceiro. Publicar a relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-Intervención, Secretaría e Intervención-Tesourería para a selección de persoal interino para a cobertura de postos de funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional das citadas subescalas, no portal de servizos web Eidolocal e na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A

Cuarto. Estas bolsas refundidas e actualizadas entrarán en vigor ao día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Administración Local, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021

Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local