Mediante a Resolución da Alcaldía nº 3354, do 13 de decembro de 2021, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a obtención dos bens e dereitos dos titulares non incorporados á Xunta de Compensación da área de repartición do sector SI-4 Calvo do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (PXOM), segundo o proxecto de expropiación presentado o 3 de decembro de 2021, número de rexistro de entrada 202199900005681, coa seguinte relación de predios de titulares afectados:
Predio |
Ref. catastral |
Titular |
Afectada (m2) |
Clasif. urbanística |
Situación básica |
Bens afectados |
P3 |
15019A002000550000IX |
Jesús Puente Rama |
181,11 |
Solo rústico de especial protección de augas |
Rural |
Plantación eucaliptos |
P4 |
15019A002001280000IW |
Mª Carmen Suárez Barca |
86,70 |
|||
P5 |
15019A002000560000II |
Estrella Veciño Ríos |
29,43 |
|||
P6 |
15019A002000570000IJ |
Herdeiros Laureano Trigo Facal |
14,78 |
|||
Total |
312,02 |
O que se somete a información pública polo prazo dun mes en cumprimento dos artigos 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 293.3 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Así mesmo, requíreselles aos titulares dos bens e dereitos afectados que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderanse consultar na Oficina Técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do Concello na seguinte ligazón, punto 7 Outros:
http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla
Carballo, 15 de decembro de 2021
Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde