Mediante este anuncio faise público que a Alcaldía, con data do 23.11.2021, adoptou o seguinte acordo:
Vista a proposta de nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo dunha praza de administrativo, a favor de Josefa Ares López, e unha vez achegada a documentación requirida nas bases da convocatoria pola aspirante,
ACORDA:
Primeiro. Avocar, para este caso concreto, a competencia para o nomeamento de persoal.
Segundo. Nomear a Josefa Ares López, con DNI 33540686Q, como funcionaria de carreira na praza de auxiliar administrativa (adscrita aos departamentos de servizos sociais), dentro da escala de Administración xeral, subescala administrativa pertencente ao grupo C2.
Terceiro. Notificarlle este acordo á funcionaria nomeada e comunicarlle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Establecer a seguinte lista de emprego cunha duración de 3 anos, segundo a lista definitiva de aprobados por orde da puntuación obtida:
1º |
González Salum, Leila Solange |
2º |
Losada Vázquez, Roberto |
Quinto. Publicar o nomeamento, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de anuncios deste concello, e comunicalo ao Servizo de Recursos Humanos e aos servizos municipais de Secretaría, Intervención e Tesouraría para os efectos oportunos.
Guitiriz, 23 de novembro de 2021
María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa