O Concello de Vilanova de Arousa está tramitando o estudo de detalle solicitado para a reforma de vivenda unifamiliar na praza da Pastoriza 5, Vilanova de Arousa.
De conformidade co disposto nos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia, e 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do solo, sométese o documento á información pública durante un prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.
O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo do concello, sita na casa do concello, 3ª planta (praza do Concello, núm. 1), de luns a venres, agás os festivos, das 9.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa, na epígrafe Taboleiro de anuncios>Urbanismo.
Vilanova de Arousa, 2 de decembro de 2021
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde