Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 63983

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que nomean persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), con corrección de erros no DOG núm. 50, do 12 de marzo de 2018 e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución de 1 de decembro de 2021 (DOG núm. 233, do 3 de decembro) e corrección de erros no DOG núm. 234, do 7 de decembro de 2021, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Destino

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***1888**

Docampo Ramos, Carlos

10

Provisional

PXA110000215770007

Analista-programador/a

PX

Xerencia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

2

***8121**

Arnosa Casal, Juan Cirilo

11

Provisional

PXA110000215770008

Analista-programador/a

PX

Xerencia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

3

***4034**

Piñeiro González, Raúl

9

Provisional

PXA110040736560011

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital - Departamento Provincial Pontevedra (Vigo)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Vigo

A2

22

4

***6803**

Valencia Requejo, Tito

 

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

5

***0782**

Recuna Carrasco, Pablo

8

Provisional

PXA110040736560013

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital - Departamento Provincial Pontevedra (Vigo)

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Vigo

A2

22

6

***3683**

López Soilán, Borja

5

Provisional

PXA110040327001022

Analista-programador/a

PX

Área de Administración Dixital - Departamento Provincial Lugo

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Lugo

A2

22

7

***9780**

Boo Cepeda, Antonio

 

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público