Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 63980

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG número 48, do 8 de marzo), con corrección de erros no DOG número 50, do 12 de marzo de 2018 e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG número 59, do 23 de marzo), e realizado o acto de elección de destino previsto na Resolución do 1 de decembro de 2021 (DOG número 233, do 3 de decembro) e corrección de erros no DOG número 234, do 7 de decembro, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais ou definitivos, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG número 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,
escala de sistemas e tecnoloxía da información

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Destino

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***0916**

Valiño García, Juan Antonio

 

Definitivo

PXA110000015770034

Xefatura Sección de Tecnoloxías da Información I

PX

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A1, A2, C1

25

2

***7058**

Vidal Ces, David

1

Provisional

PXA110000015770023

Técnico/a superior Sistemas e Tecn. da Información

PX

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A1

25

3

***3651**

Marcos Doldán, Eva

13

Provisional

SAC020000315770014

Técnico/a superior Sistemas e Tecn. da Información

SA

S. X. de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

25

4

***2900**

Riadigos Vilariño, Santiago

 

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público

5

***9619**

Losada González, Antonio

 

Definitivo

FCC060000015770050

Xefatura Servizo Actualización Datos Persoal

FC

D. X. da Función Pública

Dirección Xeral da Función Pública

Santiago de Compostela

A1, A2

28

6

***1963**

Varela Iglesias, Ricardo

 

Definitivo

FCA010000115770042

Xefatura Sección Informática II

FC

Secretaría Xeral

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1, A2, C1

25

7

***6629**

Bueno Capeáns, Paulo

12

Provisional

SAC020000315770013

Técnico/a superior Sistemas e Tecn. da Información

SA

S. X. de Sistemas e Tecnoloxías da Información

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

A1

25

8

***3799**

Vila Martínez, Paula

 

Definitivo

PXA110000315770006

Xefatura Sección Apoio Mat. Segurid. e Prot. Datos

PX

Área de Infraestruturas e Seguridade

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A1, A2, C1

25