Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64115

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 23 de decembro de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas nos programas II e III da Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341E, TR341N e TR341M).

No DOG núm. 160, do 20 de agosto de 2021, publicouse a Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

A dita Orde do 4 de agosto de 2021, de conformidade co estipulado no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles. O incremento do crédito está condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de créditos de remanentes doutras convocatorias e de créditos incorporados de fondos finalistas do Servicio Público de Emprego Estatal no programa de gasto 324C da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social do mesmo programa e servizo, e coa finalidade de facer chegar as axudas ao maior número posible de centros especiais de emprego, parece convinte ampliar os créditos consignados no artigo 50.1 da dita Orde do 4 de agosto de 2021.

Por todo o exposto, logo da aprobación do Consello da Xunta e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado para os programas II e III no artigo 50.1 da Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022, nas seguintes contías:

Ampliación de créditos (C.P. 2018 00099)

Procedemento

Aplicacións orzamentarias

Anualidade 2021

Anualidade 2022

Total

TR341E TR341N

11.40.324C.470.3

322.821,64

400.000,00

722.821,64

11.40.324C.481.3

93.000,00

0,00

93.000,00

Total programa II

415.821,64

400.000,00

815.821,64

TR341M

11.40.324C.470.4

500.000,00

600.000,00

1.100.000,00

11.40.324C.481.4

0,00

100.000,00

100.000,00

Total programa III

500.000,00

700.000,00

1.200.000,00

Total ampliación

915.821,64

1.100.000

2.015.821,64

Na seguinte táboa reprodúcense os importes dos créditos da convocatoria de axudas a centros especiais de emprego para as anualidades 2021-2022, indicando os importes consignados na Orde do 4 de agosto de 2021, a ampliación das anualidades 2021 e 2022 que se aproba nesta orde e os importes finais para cada programa de axudas, pormenorizados por anualidades e aplicacións orzamentarias.

Código de proxecto 2018 00099. Sección: 09. Servicio: 40. Programa de gasto: 324C.

Aplicacións

Crédito inicial

Ampliación

Importe final

2021

2022

Total

2021

2022

Total

2021

2022

Total

Progr. I

470.3

340.000,00

700.000,00

1.040.000,00

0,00

0,00

0,00

340.000,00

700.000,00

1.040.000,00

481.3

60.000,00

100.000,00

160.000,00

0,00

0,00

0,00

60.000,00

100.000,00

160.000,00

Total

400.000,00

800.000,00

1.200.000,00

0,00

0,00

0,00

400.000,00

800.000,00

1.200.000,00

Progr. II

470.3

185.000,00

750.000,00

935.000,00

322.821,64

400.000,00

722.821,64

507.821,64

1.150.000,00

1.657.821,64

481.3

15.000,00

150.000,00

165.000,00

93.000,00

0,00

93.000,00

108.000,00

150.000,00

258.000,00

Total

200.000,00

900.000,00

1.100.000,00

415.821,64

400.000,00

815.821,64

615.821,64

1.300.000,00

1.915.821,64

Progr. III

470.4

5.655.000,00

10.770.000,00

16.425.000,00

500.000,00

600.000,00

1.100.000,00

6.155.000,00

11.370.000,00

17.525.000,00

481.4

450.000,00

825.000,00

1.275.000,00

0,00

100.000,00

100.000,00

450.000,00

925.000,00

1.375.000,00

Total

6.105.000,00

11.595.000,00

17.700.000,00

500.000,00

700.000,00

1.200.000,00

6.605.000,00

12.295.000,00

18.900.000,00

Total

6.705.000,00

13.295.000,00

20.000.000,00

915.821,64

1.100.000,00

2.015.821,64

7.620.821,64

14.395.000,00

22.015.821,64

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na dita Orde do 4 de agosto de 2021 para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade