Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64118

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021(códigos de procedemento TR356A e TR356C).

No DOG núm. 29 do 12 de febreiro de 2021, publicouse a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Segundo o punto 6 do artigo 4 da Orde do 31 de decembro, de producirse remanentes nunha aplicación orzamentaria e/ou nun programa de axudas reasignaranse as contías sobrantes na outra aplicación e /ou programa. As reasignacións levaranse a cabo, logo das modificacións orzamentarias pertinentes, sen necesidade de facer unha nova publicación do importe dos créditos.

No Programa II de axudas ás empresas de inserción laboral para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356C), non existe crédito suficiente nunha das aplicacións orzamentarias para atender a todas as solicitudes. Por outra parte, existen remanentes de crédito noutra aplicación do mesmo programa e no Programa I, que se poderían reasignar, logo das pertinentes modificacións de crédito.

En consonancia co parágrafo anterior, o artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece que a alteración da distribución entre os créditos consignados non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o exposto e co fin de atender todas as solicitudes presentadas do Programa II de axudas da Orde do 31 de decembro de 2020,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021(códigos de procedemento TR356A e TR356C), reasignando as contías sobrantes da aplicación 11.04.324C 470.5 do Programa I e da aplicación 11.04.324C 481.5 do Programa II; na aplicación 11.04.324C 470.5 do Programa II, e sen variar o orzamento total consignado na convocatoria.

Procedemento

Programa de axudas

Aplicacións

Incremento (€)

Minoración (€)

TR356A

Programa I

11.04.324C 470.5

0,000

20.000,00

TR356C

Programa II

11.04.324C 481.5

0,00

17.125,00

11.04.324C 470.5

37.125,00

0,00

Total

37.125,00

37.125,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social