Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64252

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404E).

BDNS (Identif.): 601839.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Establécense dúas categorías de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales regularase a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241 e convócanse para o ano 2022.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404E).

Cuarto. Importe

As axudas financiaranse cun crédito total de 1.210.064,37 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais do código de proxecto 2021 00003, distribuído: 605.000,00 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.760.1 e 605.064,37 euros da aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.1.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais