Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64254

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2021 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para os anos 2021-2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421S).

Mediante a Resolución do 25 de xuño de 2021 que foi publicada no DOG número 128, do 7 de xullo, establecéronse as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica.

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe listaxe de espera. O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 1 de decembro e non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles na epígrafe correspondente a empresas e, porén, non se dispón de dispoñibilidade orzamentaria suficiente na epígrafe correspondente a Administración local.

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxía fotovoltaica,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para as anualidades 2021-2022, en función do volume de solicitudes recibido, e modificar a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 25 de xuño de 2021 do seguinte xeito:

– Modificación orzamentaria:

Beneficiarios axudas

Fondos iniciais

Modificación

Fondos finais

Empresas

4.175.000,00 €

-370.000,00

3.805.000,00 €

Administración local

200.000,00 €

370.000,00 €

570.000,00 €

Entidades sen ánimo de lucro

125.000,00 €

0,00 €

125.000,00 €

Total

4.500.000,00 €

0,00 €

4.500.000,00 €

– Dotación orzamentaria final:

Beneficiarios axudas

Anualidade 2021

Anualidade 2022

Aplicación orzamentaria

Empresas

2.930.000

875.000

06.A3.733A.770.7

Administración local

470.000

100.000

06.A3.733A.760.8

Entidades sen ánimo de lucro

100.000

25.000

06.A3.733A.781.7

Total

3.500.000

1.000.000

4.500.000 € 

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do plazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia