Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muras

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de educador social.

Mediante a Resolución de Alcaldía número 2021-0659, do 20 de decembro de 2021, aprobáronse as bases que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal funcionario de carreira, unha praza de técnico/a pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio, subgrupo A2: educador/a social, vacante no cadro de persoal do Concello, polo sistema selectivo de concurso-oposición libre. O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e na sede electrónica do Concello.

Muras, 22 de decembro de 2021

Manuel Requeijo Arnejo
Alcalde