Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de convocatoria de tres prazas de inspector/a da Policía Local, promoción interna, e unha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial, funcionario/a de carreira.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 231, do 3 de decembro de 2021, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 26 de novembro de 2021, relativas ás seguintes convocatorias:

– 3 prazas de inspector/a da Policía Local, C.E. 4/20. Promoción interna.

– 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial, C.E. 1/21. Funcionario/a de carreira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 3 de decembro de 2021

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior