Con data do 22 de setembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 183, a Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).
O financiamento da convocatoria atópase distribuído nas correspondentes aplicacións orzamentarias de cada centro directivo, de acordo co seguinte detalle:
Liñas de actuación |
Aplicación |
Importe |
Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica |
13.02.312B.481.1 |
974.693,00 € |
Liña II. Actuacións de inclusión social |
13.03.313C.481.6 |
3.946.165,00 € |
Liña III. Actuacións de promoción da autonomía |
13.04.312E.481.1 |
4.934.661,00 € |
Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros |
13.04.312E.781.1 |
1.131.872,00 € |
Liña V. Actuacións destinadas á xuventude |
13.05.313A.481.0 |
305.021,00 € |
Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado |
13.05.312F.481.0 |
280.047,00 € |
|
Total |
11.572.459,00 € |
No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
Debido a que o crédito previsto na citada orde non resulta suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dado que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin.
Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,
RESOLVO:
Artigo único. Incremento dos créditos
Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).
O importe total do citado incremento é de sete millóns oitocentos corenta mil novecentos oitenta e cinco euros con catro céntimos (7.840.985,04 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 9 de setembro de 2021:
Liñas de actuación |
Aplicación |
Importe |
Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica |
13.02.312B.481.1 |
642.780,96 € |
Liña II. Actuacións de inclusión social |
13.03.313C.481.6 |
2.605.058,84 € |
Liña III. Actuacións de promoción da autonomía |
13.04.312E.481.1 |
2.082.106,90 € |
Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros |
13.04.312E.781.1 |
2.121.888,20 € |
Liña V. Actuacións destinadas á xuventude |
13.05.313A.481.0 |
191.075,00 € |
Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado |
13.05.312F.481.0 |
198.075,14 € |
Total |
7.840.985,04 € |
A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social