Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65049

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (código de procedemento TR802L).

No Diario Oficial de Galicia núm. 158, do 18 de agosto, publicouse a Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022 (código de procedemento TR802L).

A dita Orde do 4 de agosto de 2021 no artigo 4.3 prevé a posibilidade de reasignar as contías sobrantes da asignación inicial do crédito de cada aplicación orzamentaria para atender as necesidades de crédito doutras aplicacións. As reasignacións levaranse a cabo, logo das modificacións orzamentarias que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria, todo iso de acordo co artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Unha vez revisados todos os expedientes, compróbase que existe un remanente de crédito na aplicación orzamentaria 11.04.324C.781.9 suficiente para atender as necesidades na aplicación 11.04.324C.770.9.

Por todo o exposto e co fin de liquidar todos os expedientes de axudas do Bono consolida economía social ao abeiro da Orde do 4 de agosto de 2021, e unha vez autorizada a superación de límites de exercicios futuros polo Consello da Xunta,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2021-2022, redistribuíndo o crédito asignado inicialmente entre aplicacións do capítulo VII, código de proxecto 2021 00056.

Aplicación

Minoración

Incremento

11.04.324C.781.9

47.467,14

11.04.324C.770.9

47.467,14

Segundo. Esta modificación non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social