En sesión que tivo lugar o 20 de decembro de 2021, o tribunal nomeado por Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado por Orde do 31 de outubro de 2019,
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:
Apelidos e nome |
NIF |
Cualificación 2º exercicio |
Caselas Alonso, Marta |
***8235** |
Apta |
Iglesias Rodríguez, Silvia |
***8655** |
Apta |
Sánchez Gómez, Pilar |
***9677** |
Apta |
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021
Camilo Ríos Gestal
Presidente do tribunal