Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 64918

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341D).

BDNS (Identif.): 602780.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 28 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción e consolidación do emprego autónomo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341D).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse doce millóns quiñentos mil euros (12.500.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral de presentación de solicitudes desta orde finalizará o 30 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade