Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65277

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

RESOLUCIÓN do 24 de decembro de 2021, da Dirección Xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., pola que se aproba e se dá publicidade da oferta de emprego público correspondente ao ano 2021.

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. O artigo 2 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, encoméndalle a xestión do servicio público de comunicación audiovisual de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que o artigo 5 cualifica como un servizo esencial de interese económico xeral.

Pola súa parte, a disposición adicional vixésima da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, que regula co carácter de básico a contratación de persoal das sociedades mercantís públicas, autorízalles a estas unha taxa de reposición de efectivos do cen por cento, para cuxa determinación remite ás regras fixadas no artigo 19 da propia lei. A esta normativa hai que engadir tamén como básica a contida no artigo 2 do Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que autoriza unha taxa adicional de prazas de natureza estrutural para incluír en ofertas de emprego que artellen procesos de estabilización.

A competencia para aprobar a oferta de emprego público da CRTVG correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, logo de informe do centro directivo competente en materia de orzamentos e proposta do competente en materia de función pública, de acordo co disposto no artigo 12.cinco da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. Así mesmo, conforme o disposto no artigo 110, alínea e), da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a competencia para aprobar a oferta de emprego público da CRTVG correspóndelle ao órgano competente conforme os estatutos da Corporación RTVG.

Na súa virtude, unha vez presentada a oferta á Comisión de Recursos Humanos do Consello de Administración e ao propio Consello, e tras a negociación dos criterios xerais desta oferta de emprego público coa representación legal do persoal da CRTVG, logo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de decembro de 2021, ditado ao abeiro do disposto no artigo 12.cinco da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, no exercicio das atribucións conferidas polo artigo 26 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar e publicar a oferta de emprego público correspondente a distintas categorías de persoal laboral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. para o ano 2021, nos termos que se propón.

Segundo. Determinar e cuantificar esta oferta do seguinte xeito:

Un. As prazas con asignación orzamentaria que se ofertan para cubrir con persoal laboral fixo derivadas da taxa de reposición de efectivos, calculada de acordo coa normativa básica, especifícanse no anexo I.

Dous. As prazas con asignación orzamentaria provistas con persoal declarado indefinido non fixo por sentenza xudicial especifícanse no anexo II e, de forma individualizada, no anexo III.

Terceiro. Publicar as convocatorias das prazas ofertadas dentro dos prazos fixados pola normativa básica.

Cuarto. Considerar como criterios xerais polos que se regularán os procesos selectivos que se executen para o cumprimento desta oferta os derivados da aplicación, por un lado, da normativa básica contida na disposición adicional primeira do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; na disposición adicional segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na que con tal carácter se dite e lles sexa aplicable ás sociedades mercantís públicas. Por outro lado, hai que ter en conta tamén como criterios de regulación o disposto no artigo 31 da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, e os recollidos no convenio colectivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e a súa sociedade (DOG núm. 167, do 2 de setembro de 2015). Así mesmo, inclúese a posibilidade de incorporar os criterios que estableza a nova normativa que se dite e lle sexa aplicable ata a data de publicación das bases da convocatoria.

Quinto. Exceptuar a quenda de promoción interna desta oferta de emprego público, en virtude de acordo coa representación legal do persoal.

Sexto. Aplicar a cota de reserva de prazas ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade conforme o artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sobre a oferta de prazas con cargo á taxa de reposición para o ano 2021.

Sétimo. Convocar as prazas reservadas para persoas con discapacidade xeral conxuntamente coas prazas ordinarias, garantindo, en todo caso, o carácter individual dos procesos, e incluír as prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual nunha convocatoria independente.

Oitavo. Incluiranse, pola súa orde de puntuación, no sistema de acceso xeral aquelas persoas aspirantes con discapacidade que, téndose presentado pola cota de reserva, superasen os exercicios e non obtivesen praza na citada cota, sempre e cando a súa puntuación supere a obtida polas persoas aspirantes do sistema de acceso xeral.

Noveno. A presente resolución é susceptible de impugnación ante os xulgados e tribunais da orde xurisdicional que resulte competente.

Santiago de Compostela, 24 de decembro de 2021

Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANEXO I

Oferta de emprego público correspondente ao ano 2021

Categorías

Número de prazas

Denominación

Nivel

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Redactor/a

1

 

1

 

Titulado/a superior

1

2

 

 

Documentalista

2

2

 

 

Locutor/a radio

2

2

 

 

Titulado/a medio

2

1

 

 

Analista programador/a

3

 

1

 

Técnico/a de sistemas

3

1

 

 

Cámara de primeira

4

1

 

 

Reporteiro/a gráfico

4

5

 

 

Técnico/a de control

4

3

 

 

Operador/a posprodución

5

1

 

 

Técnico/a de son

5

1

 

 

Operador/a de cámara

6

2

 

 

Auxiliar administrativo/a

7

3

 

 

Operador/a produtor de son

7

1

 

 

Almacenista

9

1

 

 

Axudante mantemento

9

2

 

 

Ordenanza

9

 

 

1

31

ANEXO II

Oferta de emprego público de prazas ocupadas por persoal indefinido non fixo

Categoría

Nivel

Prazas

Produtor/a

1

3

Redactor/a

1

71

Titulado/a superior

1

1

Documentalista

2

1

Locutor/a radio

2

10

Titulado/a medio

2

1

Analista programador/a

3

1

Técnico/a de sistemas

3

1

Técnico/a electrónico de primeira

3

3

Auxiliar de redacción

4

4

Cámara de primeira

4

2

Reporteiro/a gráfico

4

33

Técnico/a de control

4

1

Técnico/a electrónico

4

3

Axudante realización

4

9

Decorador/a

5

1

Operador/a posprodución

5

1

Técnico/a de son

5

1

Auxiliar de programas

6

1

Oficial técnico electrónico

6

1

Operador/a de cámara

6

3

Auxiliar administrativo/a

7

1

Axudante de produción

7

10

Grafista-titulador/a

7

2

Maquillador/a

7

1

Operador/a montador/a de vídeo

7

25

Relacións públicas

7

2

Especialista montaxe

8

13

Axudante mantemento

9

6

212

ANEXO III

Prazas ofertadas e ocupadas por persoal indefinido

Categoría

Código praza

Nivel 1

Produtor/a

55T04

55T09

55T17

Redactor/a

13C01

13R02

13R06

13R31

13R32

13R33

13R34

13T02

13T04

13T08

13T09

13T100

13T101

13T102

13T103

13T104

13T105

13T106

13T107

13T108

13T109

13T110

13T111

13T112

13T113

13T114

13T115

13T116

13T117

13T118

13T119

13T120

13T121

13T122

13T123

13T124

13T125

13T126

13T127

13T128

13T129

13T130

13T131

13T132

13T133

13T134

13T135

13T136

13T137

13T138

13T139

13T14

13T140

13T141

13T142

13T143

13T144

13T145

13T146

13T147

13T148

13T149

13T15

13T150

13T24

13T26

13T29

13T32

13T35

13T36

13T97

Titulado/a superior

09T02

Nivel 2

Documentalista

42T06

Locutor/a radio

22R01

22R03

22R07

22R18

22R19

22R30

22R31

22R32

22R33

22R34

Titulado/a medio

06T01

Nivel 3

Analista programador/a

16C09

Técnico/a de sistemas

19C04

Técnico/a electrónico de primeira

60T09

60T13

60T14

Nivel 4

Auxiliar de redacción

17R12

17T02

17T04

17T16

Cámara de primeira

38T02

38T11

Reporteiro/a gráfico

57T01

57T05

57T06

57T40

57T41

57T42

57T43

57T44

57T45

57T46

57T47

57T48

57T49

57T50

57T51

57T52

57T53

57T54

57T55

57T56

57T57

57T58

57T59

57T60

57T61

57T62

57T63

57T64

57T65

57T66

57T67

57T68

57T69

Técnico/a de control

27R01

Técnico/a electrónico

28T01

28T08

28T10

Axudante realización

37T01

37T04

37T14

37T15

37T23

37T26

37T31

37T34

37T35

Nivel 5

Decorador/a

40T03

Operador/a posprodución

53T14

Técnico/a de son

59T10

Nivel 6

Auxiliar de programas

20R05

Oficial técnico electrónico

11T01

Operador/a de cámara

51T01

51T02

51T12

Nivel 7

Auxiliar administrativo/a

01T03

Axudante de produción

35T03

35T06

35T11

35T14

35T15

35T17

35T20

35T30

35T31

35T32

Grafista-titulador/a

44T11

44T12

Maquillador/a

48T05

Operador/a montador/a de vídeo

52T10

52T12

52T41

52T42

52T43

52T44

52T45

52T46

52T47

52T48

52T49

52T50

52T51

52T52

52T53

52T54

52T55

52T56

52T57

52T58

52T59

52T60

52T61

52T62

52T63

Relacións públicas

18C01

18C06

Nivel 8

Especialista montaxe

43T01

43T02

43T03

43T04

43T05

43T06

43T07

43T08

43T09

43T10

43T11

43T12

43T13

Nivel 9

Axudante mantemento

36T01

36T02

36T03

36T06

36T11

36T13

Total códigos

212