Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2021.

Con data do 23 de decembro de 2021, a Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente, adoptou o seguinte acordo de aprobación da oferta de emprego público 2021 (expediente 37053/220):

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2021, integrada polas seguintes prazas vacantes:

Praza

Quenda

(quenda libre/promoción interna)

Tipo de vínculo xurídico (funcionarios de carreira/persoal laboral fixo)

Número de prazas ofertadas

Observacións

Técnico/a Administración xeral

Libre

Funcionario/a de carreira

2

Unha delas reservada para persoas con diversidade funcional

Administrativo/a Administración xeral

2 libre

1 promoción interna

Funcionario/a de carreira

3

Auxiliar Administración xeral

6 libre

3 promoción interna

Funcionario de carreira

9

Unha das da quenda libre reservada para persoas con diversidade funcional

Enxeñeiro/a industrial

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Economista

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Técnico/a superior actividades culturais e educativas

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Diplomado/a traballo social

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Diplomado/a enfermería

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Programador/a informática

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Delineante

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Inspector principal policía

Promoción interna

Funcionario/a de carreira

2

As dúas prazas correspóndense á taxa adicional por xubilación do corpo da Policía Local, unha delas reservada para quenda de mobilidade horizontal

Inspector policía

Promoción interna

Funcionario/a de carreira

1

Corresponden á taxa adicional por xubilación do corpo da Policía Local

Policía

Libre

Funcionario/a de carreira

9

4 pola quenda normal e 5 pola taxa adicional por xubilación do corpo da Policía Local.

Das nove prazas, dúas reservadas para quenda de mobilidade horizontal

Sarxento S.E.I.S.

Promoción interna

Funcionario/a de carreira

4

Cabo S.E.I.S.

Promoción interna

Funcionario/a de carreira

2

Bombeiro/A

Libre

Funcionario/a de carreira

6

Condutor-bombeiro

Libre

Funcionario/a de carreira

1

Oficial oficios

Libre

Persoal laboral

5

1 oficial de instalacións municipais , 1 oficial sepultureiro/a, 1 oficial mantemento e 2 oficiais coidadores.

Axudante oficios

Libre

Persoal laboral

3

Dúas delas reservadas para persoas que acrediten unha diversidade funcional (diversidade intelectual)

Total prazas OEP 2021

54

Das 54 prazas, 36 ofértanse pola quenda libre e, 10 por promoción interna; 4 delas resérvanse para persoas con diversidade funcional (7 % das 54 prazas convocadas), delas, 2 diversidade intelectual

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP) resérvanse un total de 4 prazas para persoas con diversidade funcional, dúas delas para ser cubertas por persoas que acrediten diversidade intelectual e as restantes para persoas que acrediten calquera outro tipo de diversidade funcional.

Vigo, 23 de decembro de 2021

O Alcalde
P.D. (Delegación competencial por Decreto de Alcaldía do 16.4.2021
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Contratación,
Patrimonio e Xestión Municipal