Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 76

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 24 e o 30 de novembro e o 20 de decembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xullo de 2021 (DOG núm. 155, do 13 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 66, 102, 105, 121 e 158 do primeiro exercicio da quenda de acceso libre e as preguntas número 16, 52, 55, 71 e 108 do primeiro exercicio da quenda de promoción interna deste proceso selectivo realizados o 30 de outubro de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 184, 185, 186, 187 e 188 no exercicio da quenda de acceso libre e polas preguntas número 131, 132, 133, 134 e 135 no exercicio da quenda de promoción interna.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, modificar o modelo de corrección de respostas do exercicio da quenda de acceso libre, cambiando a resposta considerada como correcta na pregunta número 133, que pasa a ser a opción d) en lugar da b), e modificar o modelo de corrección de respostas do exercicio da quenda de promoción interna, cambiando a resposta considerada como correcta na pregunta número 83, que pasa a ser a opción d) en lugar da b).

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Na primeira parte do exercicio será necesario obter un mínimo de dez (10) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Na segunda parte será necesario obter un mínimo de vinte e seis (26) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Así pois, e de conformidade co disposto na citada base, por acordo deste tribunal do 7 de outubro de 2021, polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, estableceuse que:

– Na quenda libre e das persoas aspirantes que se presenten ao proceso de conformidade co establecido na base I.1.2 da convocatoria superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións, ata completar o número máximo de 219, sempre que respondan correctamente o 50 % das preguntas do cuestionario consideradas válidas unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte considéranse igualmente aprobadas aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado (219).

Asignarase unha puntuación de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto de persoas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 30 e 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

– Na quenda de promoción interna superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que respondan correctamente o 50 % das preguntas do cuestionario consideradas válidas unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Feita a corrección en sesión do 20 de decembro de 2021, na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 172 aspirantes, fixándose en 90 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria. Na quenda de promoción interna fíxanse en 65 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios (subgrupo A1), no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, non prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De acordo co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que non figuren na listaxe publicada pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal de persoas aspirantes que teñen acreditada a posesión do Celga requirido en calquera procedemento competencia da dita dirección xeral disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Oitavo. Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal