Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 73

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 24 e o 30 de novembro e o 20 de decembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 13 de agosto de 2021 (DOG núm. 158, do 18 de agosto), modificada pola Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 180, do 17 de setembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 66, 102, 105, 121 e 158 do primeiro exercicio deste proceso selectivo, realizado o 30 de outubro de 2021. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 184, 185, 186, 187 e 188.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, modificar o modelo de corrección de respostas do exercicio, cambiando a resposta considerada como correcta na pregunta número 133, que pasa a ser a opción d) en lugar da opción b).

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos. Na primeira parte do exercicio será necesario obter un mínimo de dez (10) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Na segunda parte será necesario obter un mínimo de vinte e seis (26) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Así pois e de conformidade co disposto na citada base, por acordo deste tribunal do 7 de outubro de 2021, polo que se establecen os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, estableceuse que superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que respondesen correctamente o 50% das preguntas do cuestionario consideradas válidas, unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Feita a corrección na sesión do 20 de decembro de 2021, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 30 puntos; fixouse en 90 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións, segundo o establecido na base II.1.1.1 da convocatoria.

Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Sexto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De acordo co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que non figuren na listaxe publicada pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal de persoas aspirantes que acreditaron a posesión do Celga requirido en calquera procedemento competencia da dita dirección xeral, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Oitavo. Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal