Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 233

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, da Consellería de Facenda, pola que se fan públicos a data, o lugar e a hora de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 16 de decembro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as,

ACORDOU:

Que o cuarto exercicio terá lugar o día 18 de xaneiro de 2022, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

María Isabel del Río Viqueira
Presidenta do tribunal