Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 232

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

En sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo), acordou:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da orde de convocatoria.

Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal