Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 63444, respecto da base II.1.1.1. Primeiro exercicio, despois do parágrafo que remata en «...catro (4) serán da parte específica do programa» hai que engadir o seguinte parágrafo: «As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas sobre a parte común do programa, polo que contestarán unicamente as preguntas de contido teórico sobre a parte específica (55 preguntas) e as correspondentes preguntas de reserva».
Na páxina 63445, respecto da base I.1.1.1. Primeiro exercicio, onde di: «O tempo máximo de duración deste exercicio será de noventa (90) minutos», debe dicir: «O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento cincuenta e cinco (155) minutos».