Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 5 de xaneiro de 2022 Páx. 421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Pico D’Ouro, número 6646.1, situado no concello de Ferrol, promovido pola sociedade Canteras Ferrolanas, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), esta xefatura territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Pico D’Ouro, núm. 6646.1, sita no concello de Ferrol, provincia da Coruña, promovido pola sociedade Canteras Ferrolanas, S.A., con domicilio social en estrada de Covas, quilómetro 4, Ferrol, A Coruña.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

E formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación do plan de restauración, cuxa autorización compete á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 10 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña