Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 543

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

Segundo o disposto no artigo 18.1 da Resolución do 3 de febreiro de 2021, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convocatoria:

Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

Programa e crédito orzamentario:

Esta resolución financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.561A.770.0 por un valor total de 2.250.000,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 450.000,00 euros en 2021, 1.350.000,00 euros en 2022 e 450.000,00 euros en 2023. Financiarase integramente co cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5 %.

Finalidade:

Apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Núm. de expediente

Título

Beneficiarios

CIF

Axuda concedida 2021

Axuda

concedida 2022

Axuda

concedida 2023

Axuda total

FEADER 2021/001A

VIÑ@SoStible-Valorización de residuos vitivinícolas na elaboración de viños sostibles

Viña Costeira S. Coop. Galega

F32002230

19.855,01

75.274,74

54.869,55

149.999,30

FEADER 2021/002A

Leme: novas tecnoloxías para estimación das emisións entéricas de metano en vacas de leite

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite

G15228141

29.124,19

76.357,31

42.449,78

147.931,28

FEADER 2021/006A

Eiravine: desenvolvemento de protocolo de recuperación de viñedo ecolóxico optimizando a súa lonxevidade e sustentabilidade

Cume do Avia, S. Coop. Galega

F32337123

13.237,98

36.906,78

19.537,98

69.682,74

FEADER 2021/016A

Sensorsoil

Asociación de Desenvolvemento Rural Odega

G15917305

11.842,09

64.743,04

31.341,93

107.927,06

FEADER 2021/019A

Avaliación como axente de biocontrol do extracto obtido a partir do residuo do prensado de sementes de camelias sp. na extracción de aceite

Galiplant Ornamental, S.L.

B94100013

11.572,00

31.664,00

19.920,00

63.156,00

FEADER 2021/023A

Valnasom-Valorización da nata de soro mediante a produción de manteiga premium

Queizuar, S.L.

B15594401

25.500,00

70.500,00

54.000,00

150.000,00

FEADER 2021/026A

Emprego de modelos matemáticos en produtos nutracéuticos a base de té e lúpulo

Orballo Innovaciones Forestales, S.L.

B70349543

25.500,00

87.920,00

36.240,00

149.660,00

FEADER 2021/028A

Valorización do soro de queixaría e desenvolvemento de novos produtos funcionais

Queixería Prestes, S.L.

B27364199

12.139,45

34.555,79

14.498,34

61.193,58

FEADER 2021/035A

Revalorización de horta ecolóxica cara a alimentos minimamente procesados

Conservas do Támega, S.L.

B32354086

13.920,00

32.780,00

23.804,00

70.504,00

FEADER 2021/038A

Apixen

Asoc. Sectorial Forestal Galega-Asefoga

G15560576

21.675,66

88.071,68

40.252,66

150.000,00

FEADER 2021/053A

Bioproinsect-Bioprocesamento de insectos para a obtención de produtos de valor engadido

Galinsect, S.L.

B94201977

17.151,52

68.757,73

59.265,60

145.174,85

FEADER 2021/058A

Caracterización de botánicos para desenvolver cosméticos eco bioactivos

Milhulloa, S. Coop. Galega

F27267921

4.780,00

10.120,00

9.060,00

23.960,00

FEADER 2021/064A

Sistema modular de vermixestión de xurros para a súa valorización como fertilizante. Agropurín

Ecocelta Galicia, S.L.

B36449643

11.437,51

60.796,62

48.771,05

121.005,18

FEADER 2021/066A

Posta en valor da faba de Lourenzá: sanidade da semente, cultivo e comercialización

Unión de Cooperativas Agaca

F15156557

20.040,00

47.645,60

41.781,60

109.467,20

FEADER 2021/070A

Nematodo-Screen: infravermello próximo para seleccionar por susceptibilidade o nematodo

Madera Plus Calidad Forestal, S.L.

B32429474

22.535,56

43.926,34

53.212,00

119.673,90

FEADER 2021/071A

Optimización da dieta de ceba nas diferentes categorías da raza Cachena

Proyecto Miña Terra, S.L.

B70612262

24.715,44

83.662,94

41.621,62

150.000,00

FEADER 2021/072A

Algaterra: novos insumos agrícolas para a mellora de cultivos en ecolóxico elaborados con algas mariñas de Galicia

Porto-Muíños, S.L.

B70314570

12.321,72

83.355,07

50.694,73

146.371,52

FEADER 2021/076A

Greencastanea. Produción castiñeiro micorrizado in vitro e selección intravarietal de variedades de IXP

Hifas Foresta Sociedad Limitada

B94194834

23.006,27

83.895,95

43.097,78

150.000,00

FEADER 2021/080A

Pastoreo 4.0: avaliación das funcionalidades dun sistema de monitorización do gando en pastoreo con intelixencia artificial

Innogando, S.L.

B27518547

8.352,00

25.364,72

8.805,30

42.522,02