Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 541

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2021.

Mediante a Orde do 15 de xaneiro de 2021, a Consellería do Medio Rural regulou a tramitación de solicitudes de modificación do sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) da campaña 2021.

O artigo 19 da citada orde dispón que a resolución das solicitudes de modificación ao Sixpac corresponde á persoa titular da Dirección do Fogga que ditará a resolución correspondente que será notificada ás persoas interesadas. Conforme se indica no artigo 27 da mesma orde, todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De conformidade co establecido no artigo 45.1 da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón e á páxina web do Fogga.

En relación ás alegacións ou solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2021, logo do informe da Subdirección Xeral de Xestión da PAC, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes das resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da Orde do 15 de xaneiro de 2021 citada.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/sixpac/resolucions-de-alegacions-sixpac/campana-2021

Segundo. Poñer a disposición das persoas interesadas no «Portal de axudas PAC» as resolucións completas das solicitudes citadas no apartado primeiro desta resolución.

O acceso ao dito portal poderá realizarse a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Neste portal, cada persoa interesada poderá acceder ao contido da súa resolución individualizada mediante certificado dixital ou DNI-e (DNI electrónico) ou emprego da Chave365. A información sobre a forma de alta da Chave365 atópase na ligazón que se indica a seguir:

https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

Terceiro. Contra as citadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade no artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria