Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por practicadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 13 de decembro 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución e data

36127652B

3600852-I/09

Suspensión 20.10.2021

77010698M

3600166-I/14

Rehabilitación 21.7.2021

35577712R

3600637-I/18

Denegación 18.10.2021

36063149T

3600136-I/19

Denegación 18.10.2021

53862136T

3600738-I/19

Denegación 18.10.2021

Y3117415D

3600420-I/21

Denegación 18.10.2021

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. DNI/NIE

Núm. expte.

Resolución e data

35387950N

3600286-X/06

Extinción 13.10.2021

35981624X

3600722-X/13

Extinción 14.10.2021

35969207J

3600065-X/14

Suspensión 19.10.2021