Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente número 2021-00001150 e dezasete máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas nos procedementos de conformidade co establecido na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021 e se procede a súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021.

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións ditadas nestes procedementos esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia
e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2021-00001150

Y2505443K

Resolución do 25.10.2021

BS403B-2021-00002765

45873830P

Resolución do 8.11.2021

BS403B-2021-00002780

32829667L

Resolución do 15.11.2021

BS403B-2021-00003583

36161498R

Resolución do 25.10.2021

BS403B-2021-00003908

78811629J

Resolución do 25.10.2021

BS403B-2021-00004069

Y3906714V

Resolución do 25.10.2021

BS403B-2021-00004901

35589944C

Resolución do 25.10.2021

BS403B-2021-00005549

Y4562234Z

Resolución do 10.11.2021

BS403B-2021-00007054

45874616N

Resolución do 25.10.2021

BS403B-2021-00009029

Y8439674E

Resolución do 10.11.2021

BS403B-2021-00009553

50768295G

Resolución do 10.11.2021

BS403B-2021-00009729

71553025W

Resolución do 8.11.2021

BS403B-2021-00009730

35488925V

Resolución do 10.11.2021

BS403B-2021-00009829

76904483G

Resolución do 8.11.2021

BS403B-2021-00010018

53489168T

Resolución do 10.11.2021

BS403B-2021-00010054

36155546Y

Resolución do 8.11.2021

BS403B-2021-00010116

78802699F

Resolución do 10.11.2021

BS403B-2021-00010322

53860532Y

Resolución do 8.11.2021