Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao procedemento BS403B (expediente 2021-00006176 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relaciona no anexo I sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021 e se procede á súa convocatoria (código do procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro de 2021.

Para os efectos emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo I, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica e efectuaren a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que de non faceren a emenda no prazo de dez días contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, practicada por comparecencia, teranse por desistidas das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación (procedemento BS403B)

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Nº de expediente

Acto que se notifica

e data

Documentación

para presentar

44656712G

BS403B-2021-00006176

Requirimento do 4.10.2021

D.5 e D.8

Y4256450S

BS403B-2021-00006377

Requirimento do 4.10.2021

D.9

54322721X

BS403B-2021-00007051

Requirimento do 4.10.2021

D.8

35490706G

BS403B-2021-00009026

Requirimento do 14.10.2021

D.4, D.5 e D.9

76732863X

BS403B-2021-00009048

Requirimento do 18.11.2021

D.5

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cuberto.

D.2

Anexo II debidamente cuberto.

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante.

D.4

Copia do DNI ou NIE ou pasaporte da persoa cónxuxe/parella.

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da unidade familiar.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial.

D.7

Xustificante de empadroamento da persoa solicitante.

D.8

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante.

D.9

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa proxenitora que non aparece como solicitante.

D.10

Número de teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida.

D.11

Acreditación da representación.