Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 13 de xaneiro de 2022 Páx. 1452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador MON-PO-0210/2021-DIA e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na avenida Mª Victoria Moreno, número 43, edificio administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida dende o días seguinte.

Pontevedra, 16 de decembro de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado/a

Acto de notificación

MON-PO-0210/2021-DIA

76809115V

Acordo de incoación

MON-PO-0220/2021-DIA

35205438M

Acordo de incoación

INC-PO-0008/2021-BIO

76915297P

Resolución

INC-PO-0071/2021-BIO

76894234J

Acordo de incoación

INC-PO-0072/2021-LSA

35546289L

Acordo de incoación

INC-PO-0074/2021-VNA

35564938S

Acordo de incoación

INC-PO-0082/2021-BIO

35340290P

Acordo de incoación

SAN-PO-0077/2021-IA

76933287N

Acordo de incoación