Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1810

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 3 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019.

En sesión que tivo lugar o día 3 de xaneiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, e modificada pola Resolución do 6 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG do 13 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

Apelidos e nome

NIF

Cualificación do 2º exercicio

Goberna Otero, Ángel

***6571**

Apto

Mourelle Schusselin, Stefani

***0358**

Apta

Rama Varela, Lorena

***8893**

Apta

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal