Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1811

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2022, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a de servizo de Medicina Interna do Hospital Público de Monforte.

Convocada mediante a Resolución do 16 de xuño de 2021 (DOG núm. 122, do 29 de xuño), da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a de servizo de Medicina Interna do Hospital Público de Monforte, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, así como na Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril), de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, modificada pola Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a de servizo de Medicina Interna do Hospital Público de Monforte, convocado mediante a Resolución do 16 de xuño de 2021 (DOG núm. 122, do 29 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, á persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. A persoa aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao de cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada da persoa interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. A persoa aspirante nomeada obterá un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 5 de xaneiro de 2022

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: xefe de servizo de Medicina Interna.

Nome e apelidos: José López Castro.

DNI: ***9857** (*)

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 15 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.