Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1813

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2022 pola que se nomean funcionarias/os en prácticas da escala de xestión, subgrupo A2, as persoas seleccionadas propostas polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 4 de marzo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 17 de marzo).

Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso, e de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala de xestión, logo de comprobar que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, en virtude do disposto no artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVO:

Primeiro. Nomear funcionarias e funcionarios en prácticas da escala de xestión, subgrupo A2, as persoas aspirantes propostas polas quendas de promoción interna e de acceso libre que se relacionan no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 7 de febreiro de 2022, data en que comezará o curso selectivo.

Segundo. O curso selectivo terá carácter obrigatorio e eliminatorio segundo se determina no anexo I da Resolución do 4 de marzo de 2020 pola que se convocaban as probas selectivas.

Terceiro. As retribucións dos/das funcionarios/as en prácticas serán as establecidas no artigo 141 da Lei 2/2015, do 28 de abril, do emprego público de Galicia.

Cuarto. Quen xa estea prestando servizos na Universidade de Santiago de Compostela como funcionario/a de carreira, interino/a, ou como persoal laboral, deberá formular a opción para a percepción das remuneracións en tanto persista a súa condición de funcionaria/o en prácticas, de conformidade co previsto no punto 2 do citado artigo.

Quinto. Por resolución da Xerencia convocarase o curso selectivo e ditaranse as instrucións oportunas para o seu desenvolvemento.

O tribunal, de conformidade co previsto no anexo I da convocatoria das probas selectivas e á vista dos informes vinculantes do profesorado, declarará apto ou non apto os distintos aspirantes.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas nas fases de concurso-oposición, por orde de puntuación:

Quenda de promoción interna:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***7811**

Prol Vázquez, Noelia

2

***8210**

Basante Barbazán, José Ramón

3

***5664**

Grela Piñeiro, Dolores

4

***9157**

Meitín Suárez, Rosalía

5

***5396**

Puga Rajo, Rosa María

Quenda de acceso libre:

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***7482**

Alonso Suárez, Noelia

2

***9602**

Navaza Aller, Félix

3

***7236**

Gay González, Concepción

4

***4774**

Piñeiro Quintela, Javier

5

***0066**

Mariño Ruza, Alberto

6

***9663**

Bercero Redondo, María Luisa

7

***6839**

López González, Sara

8

***0379**

Vega Fernández, María Dolores